Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 12 de xullo de 1996 Páx. 6.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, da subministración de 1.000 exemplares do facsímile do suplemento «Del Sábado» de La Noche (1949-1950) para o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.

Obxecto e orzamento: edición de 1.000 exemplares do facsímile do suplemento «Del Sábado» de La Noche (1949-1950), polo importe máximo de 4.720.000 ptas.

Solvencia económica, financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7.4) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: un mes, contado a partir da data de sinatura do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, estrada Santiago-Noia km 3, A Barcia, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: véxanse apartados 8 e 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1996.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

5050