Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 10 de xullo de 1996 Páx. 6.771

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de xuño de 1996 pola que se autoriza o cesamento de actividades, para os niveis de educación infantil primaria/EXB, no centro privado London de Ferrol (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado London de Ferrol (A Coruña) en solicitude de cesamento de actividades para os niveis de educación infantil primaria/EXB, no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo, para os devanditos niveis educativos, a autorización definitiva por Orde do 27 de novembro de 1967.

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, achegando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da inspección de educación.

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22) e a Orde de 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), que desenvolve o dito decreto.

Considerando que os alumnos do centro non van atopar problemas de escolarización, polo que a continuidade do ensino non se prexudica.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades, con efectos de 31 de agosto de 1996, para o niveis de educación infantil e primaria/EXB, no centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas as disposicións que autorizan o funcionamento legal dos devanditos niveis no dito centro.

Santiago Compostela, 4 de xuño de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderezo: Praza de Serantes.

Denominación: London.

Titular: Alberto Langtry Grandal.

5048