Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.728

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 xuño de 1996, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a composición da comisión avaliadora das axudas convocadas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios.

Por Orde do 9 de maio de 1996, (DOG nº 100, do 22 de maio), convócanse axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios españois matriculados nunha das tres universidades galegas durante o curso 1995/1996, así como para os galegos que residan fóra de Galicia e os seus descendentes que queiran cursar estudios universitarios nunha das tres universidades galegas no curso 1996-1997, e establécese que a Dirección Xeral de Universidades e Investigación procederá a nomear unha comisión avaliadora, facendo pública a súa composición con anterioridade á resolución da convocatoria.

Por todo iso, esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Facer pública a composición da comisión avaliadora das axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, que queda integrada polas persoas que de seguido se relacionan:

-Presidente: Eleutino Álvarez Álvarez, subdirector xeral de Universidades.

-Vocais:

Manuel González Sarceda, vicerrector de Estudiantes e Servicios da Universidade da Coruña.

Amelia Paz González Méndez, vicerrectora de Estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela.

José Ángel Vázquez Barquero, vicerrector de Innovación Educativa e Estudiantes da Universidade de Vigo.

Xavier Valiño García, xefe do Servicio de Coordinación do Sistema Universitario da Dirección Xeral de Universidades e Investigación.

-Secretaria, que actuará con voz e voto, Elena Goldar Pazos, funcionaria do Servicio de Coordinación do Sistema Universitario.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1996.

José Manuel Touriñán López

Director Xeral de Universidades e Investigación

5024