Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 09 de xullo de 1996 Páx. 6.675

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xuño de 1996 pola que se publican as zonas educativas para os efectos de concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres.

O novo deseño da rede de centros, o proceso de adscrición do profesorado ó primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria e o novo catálogo de postos de educación primaria, fai preciso deseñar unha nova zonificación para os efectos de participación en concurso de traslados e máis concre

tamente de cara ó exercicio do dereito preferente que o profesorado teña recoñecido segundo o disposto nos reais decretos 895/1991 y 1774/1994. Na súa virtude, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicas as zonas educativas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, deixandeo sen efecto as publicadas no DOG do 12 de novembro de 1990, por Orde do 24 de outubro de 1990.

Segundo.-O profesorado que teña acreditado dereito preferente, por calquera das circunstancias que constan na normativa legal anteriormente citada, exercerá este dereito, con carácter forzoso, á localidade da que dimana este dereito e con carácter voluntario e calquera das localidades da zona educativa que por esta orde se fai pública, no ben entendido, que en ámbolos dous supostos exercerá o dereito por tódalas especialidades que teña acreditadas. De non participar por esta modalidade ou por tódalas especialidades acreditadas, decaerá no seu dereito preferente.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

4994