Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 16 de maio de 1996, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para o reaxuste de aliñacións na rúa Cervantes (Carril), redactado polo arquitecto municipal.

De conformidade co establecido no Art. 117 do Real decreto lexislativo 1/1992 polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e ordenación urbana, o dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas muncipais de secretaría, durante o prazo de quince días, a partir do seguinte ó da públicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderán presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 20 de maio de 1996.

Xoaquín Xabier Gago López

Alcalde

5114