Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 16 de maio de 1996, acordou aprobar inicialmente os seguintes expedientes, redactados polo arquitecto municipal Eugenio Jimenez Passolas:

-Modificación puntual do plan especial de reforma interior da zona porturaria e conseguinte modificación do P.X.O.U.

-Modificación puntual nº 20 do PXOU na zona portuaria de Vilaxoán.

De conformidade co establecido no Art. 128, en relación co Art. 114 e 115 do texto refundido da Lei do solo, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño e Art. 127 do Regulamento de planeamento urbanístico, o dito expediente estará exposto ó público polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examinalo nas oficinas municipais de secretaría e presentaren alegacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 20 de maio de 1996.

Xoaquín X. Gago López

Alcalde

4139