Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 08 de xullo de 1996 Páx. 6.644

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1996 pola que se nomea a José Carlos Cermeño Iglesias, xerente da Universidade de Vigo.

Convocada o pasado 26 de xaneiro a provisión mediante libre designación do posto de xerente da Universidade de Vigo, e cumpridos os requisitos esixidos polo artigo 116 da norma estatutaria, no uso das competencias que me recoñecen os artigos 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria e 97 dos estatutos da Universidade de Vigo (DOG do 22 de outubro de 1993). Este rectorado,

RESOLVEU:

Primeiro.-Prove-lo posto de xerente da Universidade de Vigo polo funcionario José Carlos Cermeño Iglesias con DNI 35.813.421 e pertencente ó corpo técnico da Seguridade Social do grupo de clasificación A.

Segundo.-O cesamento do destino actual do funcionario que obtén praza nesta convocatoria producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte á data de publicación desta resolución.

O prazo para a toma de posesión do destino adxudicado será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente preste servicios o funcionario, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25), de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Terceiro.-O funcionario agora nomeado para ocupar un posto de libre designación poderá ser cesado discrecionalmente, nas condicións previstas no artigo 62.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio (DOG do 1 de xuño), da función pública de Galicia na redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo (DOG do 13).

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 18 de xuño de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

5233