Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 05 de xullo de 1996 Páx. 6.634

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 273/1996, do 27 de xuño, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello de Teo.

O concello de Teo considerou conveniente adopta-lo seu escudo heráldico e bandeira para perpetuar, con simboloxía adecuada e conforme as normas da heráldica, os feitos máis relevantes do seu pasado histórico. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións vixentes, elevou o correspondente informe e memoria descritiva para a súa aprobacion definitiva.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente instruíuse conforme as normas do procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, e mais no Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Xunta de Galicia, polo que se regula o procedemento e normas heráldicas para adopción, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de xuño de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aproba-lo escudo heráldico do concello de Teo, que quedará organizado do seguinte xeito: de azur, e sobre ondas de prata e azur, unha ponte de prata acompañada, no alto, de dous sabres do mesmo, encabados de ouro e postos en aspa; bordura de gules con trece vieiras de ouro. Ó timbre, coroa real pechada.

Artigo 2º

Aproba-la bandeira do concello de Teo, que quedará organizada do seguinte xeito: sobre pano azul,

dous sabres brancos e encabados de amarelo, resaltados dunha vieira de amarelo.

Santiago de Compostela, vintesete de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5105