Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 05 de xullo de 1996 Páx. 6.628

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se aproba a modificación dos estatutos e do Regulamento do sistema de designación dos órganos de goberno da Caixa de Aforros Municipal de Vigo.

Visto o escrito da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, polo que se remite a esta Consellería de

Economía e Facenda certificación acreditativa do acordo da asemblea xeral da devandita entidade, polo que se aproba a modificación de diversos artigos dos estatutos e do Regulamento do sistema de designación dos órganos de goberno da entidade, procede, ó abeiro do previsto no artigo 9.3º da Lei 4/1996, do 31 de maio, e no artigo 8 do Decreto 117/1994, do 4 de marzo, dicta-la seguinte,

RESOLUCIÓN:

Primeiro.

Apróbase a modificación dos artigos 2º, 7º, 13º, 25º, 27º, 30º, 33º e 34º dos estatutos da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, ós que se engaden dúas disposicións transitorias, e dos artigos 1º, 7º, 8º, 15º, 16º, 17º, 18º, 19º, 20º, 21º, 22º, 23º, 24º, 25º e 29º do Regulamento do sistema de designación dos órganos de goberno, así como a modificación do seu texto refundido.

Segundo.

De acordo co artigo 4.3º da Lei 4/1994, do 31 de maio, inscríbese no Rexistro de Caixas de Aforros Galegas a devandita modificación.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1996.

Miguel Ángel Sainero Caballero

Director xeral de Política Financeira e Tesouro

5082