Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/475, R.C.I. 8388).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión de Empre

sas Madereras, S.A. (Unemsa), co enderezo no lugar de A Canosa. Rus. Concello de Carballo. A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Ampliación do proxecto das instalacións de coxeración consistente en dous grupos motor-xerador de 3.675 kVA c/u, empregándose como combustible fuel oil e tendo como obxectivo o aproveitamento simultáneo de calor e electricidade; C.T. de 3,1 UVA e relación de transformación 15/6 en intemperie; C.T. con catro transformadores de 3725 MVA, en interior e 1 transformador para servicios auxiliares de 800 kVA e relación de transformación 15/0,4 kV. Lugar donde se vai establecer a instalación: factoría da empresa A Canosa. Rus. Concellod e Carballo (A Coruña).

-Orzamento: 1.191.666.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 13 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

5010