Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/465, R.C.I. 1040).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Cerámicas El Progreso, S.A., co enderezo no lugar de Barreiros, nº 2, Buño, Concello de Malpica. A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Planta de coxeración cunha potencia eléctrica total de 4.500 kVA, composta de:

-Tres motores de combustión interna alternativos, funcionando con gasóleo ou fuel oil de 1.563 kW mecánicos de potencia cada un.

-Tres xeradores síncronos trifásicos, de 1.500 kVA de potencia cada un, tensión de xeración 3,3 kV, factor de potencia 0,9.

-Un centro de transformación 24/3,3 kV, con tres transformadores de 4,5 MVA de potencia total.

-Instalacións complemetarias de aproveitamento de calores en forma de aire quente, caldeo a secadoiros e preforno.

-Instalacións de baixa tensión e de regulación e control de todo o sistema.

-Orzamento: 373.320.000 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 12 de xuño de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4889