Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 04 de xullo de 1996 Páx. 6.599

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1996 pola que se convocan unhas xornadas sobre violencia contra a muller, dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas, en colaboración co Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller da Xunta de Galicia, sobre violencia contra a muller, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivos ofrecer ós corpos e forzas de seguridade unha visión o máis ampla posible da problemática dos malos tratos a mulleres, tanto físicos coma psicolóxicos, e informar sobre cales son os medios ó alcance para paliar este problema.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertaran será de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 12 de setembro de 1996, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido nas xornadas; o incumprimento deste requisito implicará a non admisión nas mencionadas xornadas.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Duración e datas.

As xornadas desenvolveranse durante os días 8 e 9 de outubro de 1996, en xornadas de mañá e tarde.

O horario será o seguinte:

Día 8: de 9.30 a 13.30 horas e de 16.15 a 20 horas.

Día 9: de 10 a 14 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 26 de setembro de 1996 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

As xornadas celebraranse no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na Rúa Madrid, 2-4, no polígono das Fontiñas (Santiago de Compostela).

Certificado de asistencia.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificación.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adapta-las ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

5037