Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.560

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Transportes La Unión, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15-5-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, o 4-5-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de maio de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Transportes La Unión, S.A. e os seus traballadores

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta a todo o persoal pertencente ó cadro da empresa Transportes La Unión, S.A., así como a aquel que ingrese durante a vixencia deste, a non ser que o faga cun contrato específico.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de abril de 1996; terá unha duración de dous anos, desde

o 1-4-1996, e entenderase prorrogado de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes con tres meses de antelación, como mínimo, á data da súa terminación ou prórrogas.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

As presentes normas obrigan a totalidade do persoal ocupado pola empresa, tanto se realiza función técnica como manual.

Artigo 4º.-Compensacións.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade, coas que viñesen rexendo, por mellora pactada ou voluntaria concedida pola empresa.

Artigo 5º.-Absorcións.

As melloras que, por disposición legal ou regulamentaria, poidan establecerse no futuro, serán absorbibles polos aumentos acordados no presente convenio, sempre e cando non superen os beneficios que se conceden no conxunto del.

Artigo 6º.-Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que, con carácter de cómputo anual, excedan destas normas, mencionadas estrictamente ad personam. Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio, teñen carácter de mínimas, estimadas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito, establecidas por costume xeral ou de lugar implantadas pola empresa, que significasen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º.-Soldos e salarios.

Os soldos e salarios que corresponden ó persoal afectado polo presente convenio, e para o primeiro ano de vixencia, son os que figuran na táboa salarial anexa máis antigüidade, cando corresponda. Para o segundo ano de vixencia, ou sexa, desde o 1 de abril de 1997, incrementarase a táboa salarial na porcentaxe do aumento do custo da vida, a nivel nacional no ano natural de 1996.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de 30 días, segundo a táboa salarial, máis antigüidade se é o caso; denominaranse 25 de xullo, Nadal e beneficios, e serán feitas efectivas antes do 22 de xullo, 20 de decembro e 15 de marzo.

Artigo 9º.-Vacacións.

Todo o persoal ó servicio da empresa desfrutará un período anual de vacacións de 30 días naturais; e como norma xeral nun ou dous períodos distintos, un dos cales será preferentemente en verán. No caso de que en contrato individual conste outro tipo de distribución, perdominará o que diga o contrato individual.

Artigo 10º.-Pluses nocturnos.

O persoal que traballe entre as 22 e as 6 horas percibirá un suplemento por traballo nocturno, equi

valente ó 25% do soldo ou salario base sinalado na súa categoría profesional na táboa de salarios deste convenio.

Estas bonificacións percibiranas incluso aqueles que, por razón da súa quenda de traballo, efectúen a súa xornada dentro destes límites, pero para iso será preciso que polo menos traballen catro horas dentro do período considerado.

Exclúese do cobramento do expresado suplemento o persoal que realice a súa función durante a noite e que fose contratado para tal fin.

Artigo 11º.-Plus de conductor-perceptor.

O conductor-perceptor, cando desempeñe simultaneamente as funcións de conductor e de cobrador, percibirá ademais da remuneración de conductor, un suplemento salarial do 20% do seu salario base por cada día en que realice ámbalas funcións.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

As axudas de custo, durante a vixencia deste convenio, serán dunha cantidade para a comida de 1.085 ptas., desde o 1-4-1996 ó 31-3-1997, e serán revisadas o día 1-4-1997 na proporción en que se revise a táboa salarial.

As axudas de custos completas, así como no caso de excursións, tendo en conta a confianza no persoal que as realiza, aboaraas a empresa segundo facturas dos gastos xustificados.

A empresa terá a facultade do pagamento do aloxamento ou da comida do traballador en substitución da axuda de custos.

Aboarase o importe asignado para o xantar cando saia do seu domicilio antes das 12 horas e regrese despois das 14.30 e non teña polo menos hora e media para xantar, cando estean na súa residencia; así como no caso de excursións a gastos pagos.

Artigo 13º.-Xornada de traballo e tempo de presencia.

A xornada semanal de traballo será de 40 horas efectivas para todo o persoal, de acordo co Estatuto dos traballadores. A xornada anual ordinaria será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo efectivo. Cando a súa distribución supoña a superación das 40 horas semanais, o control e cómputo da xornada verificarase bimensualmente, en termos de media. Cando por razóns obxectivas sexa necesario, as partes negociarán outros sistemas de cómputo e control, respectándose en todo caso o tempo máximo de xornada ordinaria anual mencionada anteriormente.

Para efectos de xornada, será de aplicación o disposto no Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, e demais normas específicas para o sector de transportes.

En canto ás horas de presencia, haberá que aterse ó que dispón o Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro.

Artigo 14º.-Descansos.

O descanso semanal e entre xornada e xornada estará de acordo coa lexislación vixente en cada momento.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias estructurais.

Para os efectos do previsto no Real decreto 92/1983 e a orde do 1 de marzo de 1983, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, sobre cotización adicional de horas extraordinarias estructurais, considéranse como tales as que se realicen con ocasión de accidentes ou para solucionar necesidades urxentes que veñan esixidas de inmediato polo servicio, as que obedecen a períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da propia natureza da actividade de transportes. Tendo o carácter de ordinarias ata 2 de toma e deixa por día de servicio.

Serán contabilizadas en cómputo mensual e aboadas sempre que superen as normais de traballo.

Artigo 16º.-Licencias.

En caso de matrimonio, serán de 15 días naturais, e aboaranse co salario do convenio.

Artigo 17º.-Permisos.

A empresa concederá permisos ó seu persoal, con xustificación, de 2 a 6 días, para antender asuntos propios que non admitan demora, unha vez ó ano; de 3 a 6 días, que se determinarán segundo a distancia, en caso de morte do cónxuxe, pais, fillos ou parto de esposa.

Artigo 18º.-Demisión ou cesamento.

Todo empregado terá dereito a demitir do seu cargo sen estar obrigado a alega-las causas da súa determinación.

Para iso, o persoal comunicaralle á dirección da empresa e por escrito a data en que deixará de presta-los seus servicios, e cunha antelación mínima de 15 días.

O abandono do posto de traballo, sen que transcorrese o prazo sinalado, será penalizado cunha sanción económica, equivalente ó salario que lle corresponda e polos días que falten desde o abandono do servicio ou traballo ata a data en que, cumprido o trámite de aviso previo, lle correspondese o cesamento.

Artigo 19º.-Excedencias.

Haberá que aterse ó establecido ó Estatuto dos traballadores.

Artigo 20º.-Uniformes.

Esta obriga será cumprida pola empresa e os traballadores fixos de cadro de persoal, así como polos non fixos ás que a empresa lles facilite o uniforme, porque os servicios que preste así o requiran.

Nos talleres da empresa, en Ponte Muíños, Lourizán, Pontevedra, a empresa manterá vestiarios e armarios individuais para o persoal afecto ós ditos talleres, e non serán necesarios nin vestiarios nin armarios individuais nas demais dependencias dos centros de traballo da empresa, posto que nas ditas dependencias traballan unicamente, como persoal fixo, os exepen

dedores de billetes ou ou administradores, o resto do persoal, conductores-perceptores, soamente acude a elas para funcións tales como entrega de follas de ruta, as recadacións, etc. Sairán dos seus domicilios con uniformes.

Artigo 21º.-Enfermidade e accidentes.

Axustarase ó establecido nas disposicións vixentes na materia.

Artigo 22º.-Retirada do permiso de conducir.

En caso de que a un traballador lle sexa retirado o permiso de conducir por algunha causa no servicio da empresa e, conducindo o vehículo dela, esta terá a obriga de encaixalo a outro posto de traballo o máis parecido ó seu, como máximo dúas veces ó ano e as dúas veces non sumarán máis de seis meses tamén ó ano.

O acordado no presente artigo non será de aplicación cando a causa proveña por supera-lo límite permitido de impregnación alcohólica, comprobado pola autoridade competente.

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

Haberá que aterse ó que determine o Estatuto dos traballadores.

Artigo 24º.-Segundo de accidente laboral.

A empresa contratará, totalmente ó seu cargo, un seguro colectivo a favor dos seus traballadores de 2.600.000 por cada un, de forma que, en caso de falecemento por accidente laboral ó servicio da empresa, a citada cantidade será cobrada polos seus herdeiros legais.

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigas da empresa en materia de Seguridade Social, senón un complemento dela.

O referido seguro contratarase con efectos do 1 de agosto de 1996.

Artigo 25º.-Antigüidade.

Consistirá nas seguintes porcentaxes de aumento, a partir do mes seguinte ó cumprimento de antigüidade na empresa, para os traballadores fixos de cadro no momento da sinatura deste convenio de:

2 anos, o 5%.

5 anos, o 10%.

9 anos, o 20%.

15 anos, o 30%.

19 anos, o 40%.

24 anos, o 50% e, como último aumento, ós 29 anos, o 60%.

Artigo 26º.-Plus de quebranto de moeda.

En concepto de quebranto de moeda, os conductores que realicen ó mesmo tempo labores de cobrador, polo menos dúas horas no día, percibirán a cantidade de 115 pesetas por cada día en que leven a cabo os ditos labores para calcula-lo mínimo de dúas horas antes indicado, realizando servicios como cobrador;

elas computaranse tendo en conta os horarios e tempos correspondentes ás expedicións autorizadas pola Xefatura Provincial de Transportes.

Artigo 27º.-Sancións.

A empresa responsabilizarase do aboamento das sancións impostas ós conductores cando sexan debidas a causas alleas á súa vontade, na conducción autorizada de vehículos da empresa.

Artigo 28º.-Lexislación subsidiaria.

No non expresamente previsto neste convenio, haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións vixentes en cada momento.

Artigo 29º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación das cláusulas deste convenio, a comisión paritaria estará formada por dous representantes da empresa e dous membros do comité dela de entre os que tomaron parte na comisión negociadora e nomeados polo dito comité.

Artigo 30º.-Partes asinantes do convenio.

Asinan o presente convenio colectivo, pola representación económica, o director-xerente de Transportes La Unión, S.A., e pola representación da parte social, os membros do comité que figuran na acta.

Rubricado

Convenio colectivo de Transportes La Unión, S.A.

Táboa de salarios

Desde 1-4-1996 ó 31-3-1997

Ptas./mesPtas./h./Ext.

-Persoal administrativo
Xefe de servicio142.3911,637
Enxeñeiros e licenciados124.0991,426
Xefe de negociado98.9291,137
Oficial de primeira89.4731,028
Oficial de segunda83.647961
Auxiliar administrativo75.665870

-Persoal de movemento
Xefe de tráfico de primeira107.4321,235
Xefe de tráfico de segunda103.6111,191
Xefe de tráfico de terceira97.3791,119

Ptas./díaPtas./h./Ext.

Inspector3.082809
Conductor-perceptor3.016792
Conductor2.963778
Cobrador2.585679
Mozo de administración2.466647

Ptas./mesPtas./h./Ext.

Expendedores de billetes82.083943

-Persoal de talleres
Xefes de taller123.1281,415
Encargado de taller96.1951,106

Ptas./díaPtas./h./Ext.

Xefe de equipo3.222846
Oficial de primeira3.103815
Oficial de segunda2.957776
Oficial de terceira2.829743

Aprendices (salario mínimo segundo idade en cada caso).

Axudas de custo do mediodía: 1.085 ptas.

Quebranto de moeda: 115 ptas.

Pontevedra, 1 de abril de 1996.

5021