Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.553

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, deposito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Real Club Celta, S.A.D.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Real Club Celta, S.A.D., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-5-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o 7-5-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de maio de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Convenio colectivo da empresa Real Club Celta, S.A.D.

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo será de aplicación na rempresa Real Club Celta, con domicilio social na Avda. de Balaídos, s/n.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Este convenio abrangue tódalas actividades existentes actualmente para o desenvolvemento das funcións propias da sociedade e dos seu obxecto social. As condicións aquí pactadas terán carácter de mínimas obrigatorias.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Enténdese comprendidos baixo o ámbito de aplicación dete convenio tódolos/as traballdores/as dependentes desta empresa, así como o que ingrese no futuro, excluíndose aqueles que segundo a lei poidan saírse do seu ámbito.

Artigo 4º.-Vixencia.

Este convenio colectivo entrará en vigor para tódolos efectos a partir do 1 de xaneiro de 1996 e ata o 31 de decembro do 1996; ó remate da vixencia do presente convenio colectivo manterán a súa vixencia todas e cada unha das cláusulas ata a entrada en vigor do seguinte convenio.

Artigo 5º.-Denuncia.

O presente convenio deberá ser denunciado por algunha da partes con 2 meses de antelación ó seu venceemento. De non efectuarse denuncia ningunha, que dará prorrogado excepto nos conceptos salariais, que se verán actualizados no IPC que para o ano anterior estableza o INE.

Artigo 6º.-Salarios.

Os salarios para o presente convenio serán os establecidos para cada categoría na táboa anexa. Non haberá discriminacións salariais por razóns de sexo e suprimiranse as diferencias dentro da mesma categoría.

Artigo 7º.-Revisión salarial.

No caso de que o IPC rexistra o 31 de decembro de 1996 un incremento superior ó 3,5%, efectuarase unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Tal incremento aboarase con efectos de primeiro de xaneiro de 1996.

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo distribuirase conforme o seguinte horario:

Persoal de oficina administrativo:

De luns a venres:-De 10 a 14 h.-De 17 a 20 h.

Os domingos que haxa partido entrarán hora e media antes da súa celebración.

Persoal oficina socios:

-De luns a venres:-De 10 a 14 h.-De 17 a 20 h.

Os luns pola tarde non se traballa.

Na semana que haxa partido, os sábados traballarase de 10 a 13 h e os domingos de 10.30 a 13.30 h así como entrar hora e media antes da celebración do partido.

Persoal de campo:

De luns a venres:-De 9 a 13 h.-De 16 a 19 h.

Sábados:-De 9 a 14 h.

Xornada de verán para todo o persoal:

Desde o 15 de xuño ó 30 de xullo todo o persoal realizará xornada de mañá de 9 a 15 h.

Na primeira quincena de agosto haberá unha reunión da comisión paritaria co fin de ve-las necesidades do club, torneos, trofeos, campaña de socios, etc... co fin de estuda-la posibilidade de continuar coa xornada de verán os 15 primeiros de agosto.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio acordan reducir ó mínimo indispensable as horas extraordianrias.

Terán consideración de horas extraordinarias todas aquelas que excedan da xornada laboral legalmente establecida.

A empresa informará mensualmente ó representante dos traballadores do número de horas extraordinarias feitas, especificando as causas e o persoal que as levou a cabo.

En ningún caso as horas extraordinarias poderán supera-lo límite máximo establecido legalmente. En canto ó aboamento ou desfrute das horas extraordinarias, obterase entre aboalas cun incremento do 75% sobre o salario que lle correspondería a cada hora ordinaria ou compensalas por tempos equivalentes de descanso retribuido incrementados polo menos na porcentaxe antes indicada.

As horas extraordinarias mediante descanso deberán ser compensadas dentro dos dous meses seguinte á súa realización.

Artigo 10º-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais nos meses de xuño a setembro. O calendario de vacacións fixarase na empresa con dous meses de antelación ó comezo do seu desfrute.

Os períodos de vacacións estipularanse de común acordo entre os traballadores e a dirección. O seu adeudamento realizase ó seu inicio, na contía de salario real que lle corresponda por tódolos conceptos salariais.

O desfrute das vacacións será de xeito rotativo entre o persoal. Todo o persoal que antes ou durante o período de vacación estea en situacíon de IT terá dereito ó disfute desta sou da parte pendente.

Artigo 11º.-Pagas extraordinarias.

Establécense catro pagas extraordinarias. Todas elas aboaranse na contía correspondente a 30 días de salario real, pagadeiras cada unha delas os días 10 de marzo, 25 de xullo, 15 de outubro e 15 de decembro.

O persoal que ingresou ou deiou de presta-los seus servicios na mepresa calquera que fose a causa, durante o trasnscruso do ano, terá dereito á parte proporcional das ditas pagas en relación ó tempo traballado. Así mesmo, e no suposto de que o club obtivese un ou máis títulos (campión de Copa, S.M. El-Rei, campión de Europa, Recopa ou UEFA), así como ascenso de categoría, terase dereito a unha paga extraordinaria por tal motivo.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Os aumentos por antigüidade serán calculados por trienios desde o ingreso na empresa: os ditos trienios aboaranse a razón do 8% sobre os salarios do convenio vixente e comenzaránse a percibir o mesmo mes no que se cumpra o trinenio. De calqura xeito ningún traballador podrá percibir neste concepto contías superiores ás que establece o Estatuto dos traballadores.

De tódolos xeitos respectaranse as condicións máis favorables que veñán desfrutando os afectados polos presente convenio nesa materia.

Artigo 12º bis.-Premio de antigüidade.

Insignia de plata do club, que se lles outorgará a tódolos traballadores/as que leven na empresa 25 anos, ininterrumpidos.

Insignia de outor, outorgaráselles ós traballadores/as que leven na empresa 30 anos ininterrompidos.

As ditas medallas terán tamén unha dotación económica de 3 meses de salario para a de plata é de 5 meses para a de ouro.

Artigo 13º.-Licencias.

Os/as traballadores/as, logo de aviso e xustificación, terán dereito a permisos retribuídos durante o tempo e os supostos seguintes:

a) Matrimonio: 16 días.

b) Nacemento de fillo: 3 días.

c) Enfermidade grave de parentes ata segundo grado de consaguinidade ou afinidade, dous días e cinco se existise desprazamento fóra da provincia.

d) Traslado de domicilio: 2 días.

e) O tempo necesario para consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co de traballo, se precise a dita consulta polo facultativo de medicina xeral, debendo presenta-lo traballador o volante xustificativo da devandita prescrición médica. Nos demais casos ata un límite de 18 horas ano.

f) As traballadoras por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións.

g) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

h) Por asuntos persoais ou particulares do traballador/a poderá solicitar permiso retribuído de 4 días e sen retribuír ata un máximo de trinta, de común acordo entre empresa e o traballador/a e sempre que na sección non haxa outra persoa na mesma situación.

i) As tardes dos días 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro, non serán laborais para tódolos efectos, nos casos de partido non se cobrarían as horas.

k) No non expresamente regulado observarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 14º.-Desprazamentos.

Se por necesidade ou conveniencia da empresa e a requirimento desta, o traballador tivese que desprazarse empregado o seu propio vehículo e con aceptación voluntaria deste, aboaráselle a catifade de 30 ptas. por Km.

Artigo 15º.-Plus de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 10 da noite e as 6 da mañá terá unha retribución específica incrementada nun 30% do salario base.

Artigo 16º.-Excedencias.

O traballador/a, con polo menos unha antigüidade na empresa de 1 ano ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor de 2 anos e non maior de 5. Este dereito só poderá ser exercido outra vez, polo mesmo traballador se transcorreron 4 anos desde o remate da anterior excedencia.

Os traballadores/as terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, contado desde a data de nacemento deste.

Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, de se-lo caso, porá fin ó que se estivese a desfrutar. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

O período no que o traballador/a permaneza na situación de excedencia consonte o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, debendo ser convocado polo empresario á súa participación neles, especilamente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrdio o dito prazo a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

No non regulado no presente precepto observarase o dispsoto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Sen prexuízo do anteir en asos excepcionais, de común acordo, a empresa e o traballador poderán establece-la concesión de situacións de excedencia fóra das legalmente reguladas.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

A empresa está obrigada a subministrarlle ó persoal de limpeza 2 mandilóns ó inicio do ano: ó persoal de campo dotaráselle de dúas fundas e un chándal. Tanto uns como os outros percibirán calzado axeitado para as súas respectivas funcións.

Se o traballo o requirise entregarase guantes e traxes de auga.

Artigo 18º.-Recoñecemento médico.

A empresa está obrigada a solicitar anulmante, informando previamente ó represnetante dos traballadores, un recoñecemento médico anual para tódolos traballadores da empresa. O tempo investido no citado recoñecemento será a cargo da empresa que, cando sexa necesario facilitará así mesmo os medios de transporte para o desprazamento.

Artigo 19º.-Seguridade e hixiene.

A empresa obrígarase ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseo, vestiarios, dotacións sanitarias, duchas, etc... de conformidade coa ordenanza xeral de seguridade e hixiene, ou normas que se establezan no futuro.

Artigo 20º.-Traballos tóxicos, penosos ou perigosos.

Sinálase expresamente que os traballadores afectados polo presente convenio quedarán expresamente excluídos, e non estarán, polo tanto, obrigados a realizar traballos que teán a consideración de tóxicos, penosos ou perigosos.

Artigo 21º.-Complemento por IT.

A empresa estará obrigada a complementar ata o 100% do salario fixado no convenio desde o primeiro día de baixa.

Artigo 22º.-Premio de xubiliación.

A todo traballador que cese na empresa, tanto por xubilación como por pasar á situación de invalidez permanente, que teña máis de 5 anos de vínculo coa empresa, esta aboaralle o equivalente a 6 meses de traballo. Este premio percibirao o seu viúvo/a se o traballador morre antes de xubilarse e no seu defecto ós orfos menores de 18 anos ou de máis de 18 anos, se non posúen traballo.

Artigo 23º.-Xubilación anticipada ós 64 anos.

A empresa podrá acordar, conxuntamente cos traballadores, xubilación anticipadas ós 64 nos de conformidade co Real decreto 1194/1985, e Real decre

to Lei 14/1981. No tal suposto, a empresa deberá cubri-la contratación dun traballador demandante de emprego mediante un contrato da mesma natureza.

Artigo 24º.-Axuda familiar especial.

Aplicarase unha axuda familar especial anual de 60.000 ptas. por cada fillo/a que teña recoñecido o dereito de dimunuído físico ou psíquico polo INSS e que non se atope traballando. O traballador aportará a documentación acreditativa para o aboamento desta axuda que se pagará a razón de 5.000 ptas. mensuais.

Os traballadores/as podrán optar mediante comunicación expresa dirixida á dirección da empresa polo aboamento íntegro e dunha soa vez da expresada axuda familiar.

Artigo 25º.-Dereitos sindicais.

Cota sindical. Os traballadores poderán solicitar da empresa o desconto en nómina da cota sindical. Esta solicitude farase por escrito no que conste a central sindical e o número de conta dela onde a empresa ingresará as cotas retiradas ós afiliados.

Créditos horarios. O delegado de persoal, como representante legal dos traballadores, pode dispor dun crédito horario mensual retribuído para o exercicio das súas funcións. Este crédito será de 20 horas mensuais. No suposto de que non se consuma o dito crédito horario, acumularase para o seguinte mes tanto en parte como na súa totalidade.

Asemblea. Dentro das formalidades previstas no Estatuto dos traballadores, a empresa facilitará o exercicio de dereito de reunión durante a xornada laboaral e durante 30 minutos ó mes.

Artigo 26º.-Pluriemprego.

Calquera persoa que realice traballos na empresa, mesmo que estes sexan esporádicos, deberá estar debidamente contratado e coa súa correspodente atal na SS sento competencia do delegado de persoal controlar e vixia-lo cumprimento da lei neste aspecto.

Artigo 27º.-Superior e inferior categoría.

Ningún traballador estará obrigado a realizar traballos de inferior categoría; sen embargo, por circunstancias excepcionais e debidamente acreditadas de carácter perentorio ou imprevisibles, a empresa poderá destinar a un traballador a tarefas correspondentes a unha categría inferior á súa, o cal só poderá facelo polo tempo imprescindible, manténdolle a retribución e demais dereitos derivados da súa categoría profesional, e comunicándollo ó delegado de persoal.

O traballador que faga función de categoría superior á que lle corresponda e tivera recoñecida, por un período supeiro a 6 meses durante un ano ou

8 durante dous anos, poderá reclamar ante a dirección da emrpesa a clasificación profesional axeitada.

Artigo 28º.-Seguro colectivo.

Durante a vixencia deste convenio, a empresa concertará un seguro colectivo de accidentes, con primas íntegras ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

a) Accidente laboral ou común con resultado de morte: 5.750.000. A partir do 14 de outubro de 1996 será a catidade de 6.500.000 ptas.

b) Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente, absoluta ou grande invalidez: 11.500.000 ptas. A partir do 14 de outubro de 1996 será de 12.500.000 ptas.

O resultado facilitará o nome do beneficiario. Para o persoal de nova incorporación, a póliza de seguros, deberá concertarse nun prazo dun mes a partir da contratación.

Unha copia das pólizas publicaranse no taboleiro de anuncios.

Artigo 29º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente, ou enfermidade con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos en relación coas súas condicións, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Artigo 30º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente regulado neste convenio observarase o previsto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de lberdade sindical e ordenanza.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Como órgano de interpretación, conciliación e arbitraxe do presente convenio, créase unha comisión mixta paritaria integrada por cada un dos membros da comisión negociadora do convenio.

Esta comisión reunirase a petición de calquera das partes interesadas, reunirase obrigatoriamente nun prazo máximo de 15 días despois de ser solicitada.

Artigo 32º.-Plus de transporte.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá durante a súa vixencia 1.600 ptas. mensuais en concepto de gastos de locomoción.

Artigo 33º.-Plus de domingos.

O persoal que desenvolva o seu traballo en domingo percibirá un plus por este concepto de 3.000 ptas. por domingo, así como aqueles que veñan hora e media antes que percibirán 1.250 ptas. por este concepto.

Táboa salarial

CategoríasSoldoComplemento

Secretario xeral326.605

Adestrador217.75051.830

Xefe negociado109.76382.787

Caixeira xefa109.00256.241

Aux. Adm. caixeira101.49421.373

Aux. administrativo85.11627.398

P. limpeza101.49421.373

Encargado de material especialista101.49423.439

Encargado instalacións107.95917.202

Coidador instalacións107.95916.881

Masaxista A.T.S.113.70217.091

Chófer101.49417.202

Técnico deportivo165.504136.937

Titulado superior198.823

4016