Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 03 de xullo de 1996 Páx. 6.541

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Columbófila Galega.

Vistos os estatutos da federación Columbófila Galega e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 2-12-1995.

Visto o informe da Sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995, de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte, e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Columbófila Galega

Disposicións xerais

Capítulo I

Denominación, natureza xurídica, obxecto social e domicilio

Artigo 1º

A Federación Columbófila Galega (en adiante a federación ou FCG) é unha entidade privada, sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, e cun ámbito territorial que comprende a Comunidade Autónoma de Galicia para cumprimento dos fins que lle son propios. Está integrada polos clubs deportivos, deportistas e xuíces adicados á práctica da columbofilia.

Ademais das súas propias competencias, exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo actuando como axente colaborador da Administración pública.

Artigo 2º

A Federación Columbófila Galega organízase orgánica e funcionalmente de xeito democrático e representativo, con persoalidade xurídica e patrimonio propio e independente do dos seus asociados, e plena capacidade de obrar, coas limitacións sinaladas na lei e disposicións vixentes, e pode adquirir, para os seus propios fins, bens de tódalas clases, mobles e inmobles, contratar e obrigarse para ó cumprimento do seu obxectivo social e está suxeita ás súas propias responsabilidades.

A federación atopase integrada na Real Federación Columbófila Española (RFCE) e desempeña de xeito exclusivo a representación desta dentro da Comunidade Autónoma de Galicia no referente

á columbofilia con finalidade deportiva, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu orzamento e o seu réxime xurídico particular.

Artigo 3º

A federación ten coma obxecto social promocionar, dirixir e ordenar con carácter exclusivo dentro de Galicia, sen prexuízo das competencias concorrentes das distintas administracións públicas, as actividades propias da columbofilia, en coordinación cos organismos correspondentes da Xunta de Galicia, e rexerase por estes estatutos e os seus regulamentos, polos da Real Federación Columbófila Española, no que sexan aplicables, e polas disposicións que dicte a Xunta de Galicia e, supletoriamente, a Administración do Estado.

A FCG é a única entidade competente dentro da Comunidade Autónoma de Galicia para promocionar, regulamentar, organizar, xestionar e controla-las competicións propias da columbofilia con finalidade deportiva.

Artigo 4º

1. A federación, dentro da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, ademais das súas funcións propias de promoción, goberno, administración, xestión e organización do deporte que constitúe o seu obxecto social exercerá, baixo da coordinación e tutela da Secretaria Xeral para ó Deporte da Xunta de Galicia, as seguintes funcións públicas de carácter administrativo.

a) Encamiña-los deportistas á práctica da columbofilia mediante os oportunos cursos de iniciación, formación e perfeccionamento.

b) Respaldar técnica e administrativamente a práctica da columbofilia, velando ante os órganos competentes polo apoio desta especialidade deportiva dentro de Galicia.

c) Calquera outra que lle sexan atribuídas pola lexislación vixente o que acorde no ámbito da súa competencia a asemblea xeral.

2. Ademais das previstas no artigo anterior coma actividades propias da FCG, esta exerce, baixo a coordinación e tutela da Secretaría Xeral para o Deporte, as seguinte funcións públicas de carácter administrativo:

a) Cualificar e organizar, se é o caso, as actividades e competicións oficiais de ámbito autonómico galego.

b) Actuar en coordinación cos clubs para a promoción da columbofilia en todo o territorio autonómico e en tódalas súas facetas.

c) Elaborar e executar, en colaboración cos clubs os plans deportivos.

d) Exerce-la potestade disciplinaria deportiva nos termos establecidos na Lei do deporte, as súas dis

posicións específicas de desenvolvemento nos presentes estatutos e regulamento xeral.

e) Exerce-lo control das subvencións que se asinen ós clubs nas condicións que fixe a Secretaría Xeral para o Deporte.

f) Executar, se é o caso, as resolucións do comité de Disciplina Deportiva.

g) Colaborar coa Administración do Goberno autónomo na prevención, control e represión do uso de substancias e grupos farmacolóxico prohibido, así coma métodos antirregulamentarios do deporte columbófilo.

h) Subministrarlles ós clubs a anelas de niño debidamente homologadas co título de propiedade correspondente.

i) Subministrarlles ós clubs a ancelas rossor ou de caucho debidamente homologadas.

j) Controla-las competicións oficiais de ámbito galego e estatal.

k) Ostenta-la representación da Real Federación Columbófila Española na Comunidade Autónoma galega. É competencia da FCG a delección dos equipos de pombas mensaxeiras que teñan que integra-los equipos nacionais asistentes ós eventos columbófilos estatais.

l) Velar polo cumprimento das disposicións polas que se rexe.

m) Tutelar, controlar, e supervisa-los seus asociados.

n) Promover e organiza-las actividades deportivas da columbofilia.

o) Intercambear información de experiencias e resultados en materia de selección, reproducción, cría, anatomía e fisioloxía do esforzo da pomba mensaxeira, con centros científicos e profesionais tanto en España coma no estranxeiro.

p) Patrocinar e prestar auxilio técnico e profesional ós clubs.

q) Instituí-los servicios de control de pombas para asegurar que non se atopen pombas nacionais ou estranxeiras, sen o seu correspondente título de propiedade ou documento que o acredite.

r) Organizar e controla-la recuperación das pombas mensaxeiras.

s) Regula-lo comercio e emprego das pombas mensaxeiras con finalidade deportiva.

t) En xeral cantas actividades non se opoñan, menoscaben ou destrúan o seu obxectivo social.

3. Os actos realizados pola FCG no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo son suscetibles de recurso diante da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; as súas resolucións esgotan a vía administrativa.

Artigo 5º

O domicilio da Federación Columbófila Galega (FCG) establécese na cidade de Vigo (Pontevedra): Rúa Vella de Madrid 133.

A comisión delegada, por maioría dos seus membros e cando as circunstancias o aconsellen, poderá acorda-lo cambio do domicilio social dentro da mesma cidade. Para ó traslado do domicilio a outra cidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será necesario o acordo maioritario da asemblea xeral. En ámbolos casos o traslado do domicilio social notificaráselles ós afiliados e á Secretaría Xeral para o Deporte.

Capítulo II

Requisitos para ser membro da federación. Dereitos e obrigas

Artigo 6º

Os clubs deportivos poderán integrarse, a petición propia, na FCG sempre que teñan o seu domicilio social e desenvolvan a súa actividade en Galicia e se atopan constituídos conforme os requisitos esixidos para cada modalidade pola lexislación vixente e inscritos no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, debendo comprometerse a cumpri-los estatutos e regulamentos da federación e someterse á autoridade dos órganos federativos, en relación coas materias da súa competencia.

Os mesmos criterios e requisitos, no que sexa se aplicación, rexerán para a integración na FCG dos deportistas e xuíces.

Para participar nas competicións de carácter estatal ou galego, os clubs terán que estar ó corrente das súas obrigas coa FCG, tanto de carácter económico, documental, etc.

Os deportistas e directivos daqueles clubs que non teñan actividade deportiva ou causen baixa na federación sen teren cancelado as súas débedas terán que abona-la parte alícuota da débeda que o club de orixe mantén coa federación. Sen ese requisito non se lles facilitará licencia noutro club.

Artigo 7º

A integración na federación levará consigo a integración automática e para tódolos efectos na Real Federación Columfófila Española (RFCE).

Artigo 8º

A integración na federación producirase mediante a expedición por parte desta da correspondente licencia federativa ou documento de afiliación o inscrición. A dita expedición será acordada pola xunta directiva da FCG. Contra da denegación, que deberá ser motivada, caberá recurso diante da asemblea xeral.

En todo caso, para participación en actividades ou competicións deportivas oficiais de ámbito auto

nómico será preciso estar en posesión da licencia ou documento de afiliación expedido pola FCG.

Artigo 9º

Tódolos membros da FCG teñen dereito a recibir a tutela da mesma con respecto dos seus intereses deportivos comúns e individuais, así coma o de participar nas súas actividades e no funcionamento dos seus órganos, de acordo cos presentes estatutos e cos regulamentos internos daquela. Os membros da federación teñen, a súa vez, a obriga de acata-los acordos dos seus órganos, sen que iso obste o seu dereito a recorrer, diante de instancias federativas competentes e, se é o caso, diante dos tribunais de xustiza ou Secretaría Xeral para o Deporte, segundo proceda, aqueles que consideren contrarios a dereito, e sen prexuízo de acudir á conciliación extraxudicial ou arbitraxe nos termos previstos nas leis.

TÍTULO II

Dos órganos de goberno e representación

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 10º

Son órganos de goberno e representación da FCG a asemblea xeral e o presidente.

No seo da asemblea xeral deberá constituírse unha comisión delegada de asistencia a ela.

Artigo 11º

1. Serán órganos electivos da federación o presidente, a asemblea xeral e a comisión delegada no ámbito das súas respectivas competencias.

Os membros dos demais órganos e comités, serán designados e destituídos libremente polo presidente coas excepcións previstas nos presentes estatutos.

2. O nomeamento ou a destitución dos membros dos órganos de goberno e representación, dos órganos complementarios, e dos comités que puideran crearse dentro da federación, deberán ser comunicados a tódolos membros da asemblea xeral e a Secretaría Xeral para o Deporte nun prazo máximo de 15 días a partir da data do nomeamento.

3. Os órganos de goberno e representación da federación reunirase do xeito e termos establecidos nestes estatutos; os seus acordos, salvo disposición expresa que dispoña o contrario adoptaranse por maioría simple; en caso de empate o presidente terá voto de calidade. Os acordos poderán ser impugnados de conformidade co disposto na lexislación aplicable e nos presentes estatutos.

4. A responsabilidade dos membros dos órganos da federación no exercicio das súas funcións será esixida no ámbito disciplinario de conformidade co disposto no R.D. 1591/1992, do 23 de Nadal e nos ámbitos administrativo, civil e penal de acordo coa lexislación xeral de aplicación.

5. Son requisitos xerais para ser membro de calquera órgano da federación, sen prexuízo do establecido regulamentariamente, os seguintes:

a) Te-la condición de cidadán de Galicia, segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia.

b) Ser maior de idade e estar en pleno uso dos dereitos civís.

c) Non estar suxeito a corrección disciplinaria de carácter deportivo que o inhabilite.

d) Non ter sido condenado mediante sentencia penal firme que leve anexa pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para cargo público.

e) Non estar incurso en ningunha causa de incompatibilidade establecida legalmente ou nos presentes estatutos.

f) Reuni-los requisitos específicos propios de cada estamento deportivo.

Capítulo II

Da asemblea xerral

Sección primeira

Natureza, composición, nomeamneto e cesamento

Artigo 12º

A asemblea xeral é o órgao superior de goberno e representación da FCG.

Artigo 13º

A asemblea xeral estará constituída polo presidente da federación e polos representantes dos clubs deportivos, os deportistas e os xuíces.

Os clubs deportivos non poderán ser membros da asemblea xeral, se no momento da convocatoria de eleccións non figuran inscritos no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

Os compoñentes da xunta directiva, por este so carácter poderán asistir ás xuntanzas da asemblea, con dereito a voz pero sen voto.

Artigo 14º

A asemblea xeral está integrada por vinte membros e a representación dos tres estamentos sinalados anteriormente responderá ás seguintes proporcións:

-Clubs deportivos: 75%, correspondendo 15 membros.

-Deportistas : 20%, correspondendo 4 membros.

-Xuíces : 5%, correspondendo 1 membro.

Artigo 15º

A convocatoria de eleccións deberá indicar expresamente o número de membros da asemblea xeral e de cada un dos estamentos.

Artigo 16º

Os membros da asemblea xeral e da comisión delegada cesarán polas causas seguintes:

a) Defunción.

b) Disolución da entidade á que representan ou baixa na FCG.

c) Expiración do mandato para o que foi elixido.

d) Renuncia voluntaria ou demisión.

e) Estar incurso en causa de inelixibilidade ou incompatibilidade legal ou estatutaria.

f) Sanción disciplinaria imposta de xeito regulamentario que implique o cesamento no cargo que ostenta.

Artigo 17º

As vacantes que se produzan na asemblea xeral antes das seguintes eleccións á mesma serán cubertas, dentro de cada estamento e de xeito sucesivo, polos candidatos que no proceso electoral teñan obtido maior número de votos despois dos que resultaron electos e, a falta destes, mediante a realización de eleccións parciais, sempre que, neste último caso, as vacantes superen o 20% dos membros da asemblea. No caso dos presidentes dos clubs, sucederao no cargo o novo presidente.

Os elixidos para ocupa-las vacantes a que se refire o apartado anterior exercerán o seu mandato polo tempo que falte prá celebración das seguintes eleccións xerais.

Sección segunda

Réxime de funcionamento

1. Competencias

Artigo 18º

A asemblea xeral, en canto órgano máximo de goberno e representación da FCG, pode adoptar calquera acordo ou decisión sobre ela, con sometemento ás regras de competencia e procedemento. Especialmente son competencias da asemblea xeral as seguintes:

1. A aprobación e modificación dos estatutos da federación.

2. A elección mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto do presidente e da comisión delegada da federación, así coma o cesamento deles e a moción de censura ó presidente.

3. Aprobación e liquidación do orzamento anual da federación.

4. Aprobación do programa ou calendario deportivo anual para desenvolver pola federación e das bases e regulamentos que rexerán a competición.

5. Aprobación dos plans de voo dos clubs.

6. Aprobación da creación de órganos territoriais da federación.

7. Aprobación do Regulamento de eleccións á asemblea xeral, presidente e a comisión delegada da federación.

8. Aprobación do Regulamento sobre conciliación extraxudicial ou arbitraxe.

9. Aprobación do Regulamento de disciplina deportiva.

10. Calquera competencia da federación que non estea expresamente atribuída polos presentes estatutos a outro órgao.

2. Convocatoria

Artigo 19º

A asemblea xeral será convocada polo presidente da FCG cun mínimo de 10 días naturais de antelación á data da súa celebración, no taboeiro de anuncios da federación, debendo incluír necesariamente os puntos do orde do día que se vai tratar, ademais da notificación persoal a cada un dos membros ao enderezo que deberá constar na federación 30 días antes da data de convocatoria; a notificación remitirase por calquera medio que permita ter constancia da recepción que terá lugar cunha antelación mínima de corenta e oito horas á hora da xuntanza. Os defectos formais na convocatoria non darán lugar á nulidade da asemblea cando e sempre os membros da mesma recibisen a convocatoria co orde do día no prazo establecido e, en todo caso, a asemblea será válida, sen necesidade de ningún outro requisito, sempre que concorran a totalidade dos membros dela.

A orde do día poderá ser modificado no sentido de incorporar novos puntos, a petición fundada dun quinto dos membros da asemblea xeral e sempre que esta incorporación, se solicite cunha marxe de tempo suficente para que poida ser notificada a tódolos membros da federación cunha antelación mínima de tres días á data de celebración.

Artigo 20º

O presidente da federación deberá convocar unha asemblea xeral ordinaria anualmente antes do inicio da nova tempada deportiva pra trata-los asuntos propios da xestión ordinaria e, como mínimo, para aprobación da memoria anual de actividades, a aprobación do novo orzamento e a liquidación do anterior, aprobación do calendario deportivo e das regras que rexerán a competición e o exame e consideración das propostas que formulen os membros da asemblea xeral, da comisión delegada, da xunta directiva e o presidente.

Tódalas demais asembleas terán carácter extraordinario e serán convocadas polo presidente da federación sempre que o estime oportuno, ou a petición dun número de membros que integran a asemblea xeral non inferior ó 25%. Neste caso, os solicitantes deberán formular unha petición por escrito dirixida ó presidente da federación, indicando os puntos que comporán a orde do día. O presidente, no prazo

máximo de 10 días naturais desde a entrada da petición no rexistro da federación, deberá convoca-la asemblea xeral con carácter extraordinario, cos requisitos de forma sinalados nestes estatutos, e coa orde do día solicitada, sen incluír ningún outro punto, a celebrar nun prazo non superior a 20 días naturais desde a convocatoria. Caso de negativa expresa do presidente a efectua-la convocatoria, ou pasados 10 días desde que a solicitude fose efectuada sen ser respondida, os solicitantes poderán facer uso dos dereitos que a lexislación vixente establece, diante da Secretaría Xeral para o Deporte para convocatoria dos órganos colexiados de goberno.

Cando o presidente da federación aprecia a existencia dunha situación urxente que non permita demora na convocatoria da asemblea extraordinaria, poderá convocala sen suxeición a prazo nin requisito de forma ningún salvo a citación persoal dos asembleístas que poidan ser localizados nos enderezos que consten na federación. En todo caso a asemblea requirirá como mínimo as presencia de 2/3 dos seus membros e antes de analiza-la orde do día pronunciaranse previamente, por maioría de asistentes. Sobre a urxencia da convocatoria e a necesidade ou non da súa celebración. A asemblea xeral convocada deste xeito non poderá modifica-los estatutos.

3. Constitución

Artigo 21º

A asemblea xeral quedará validamente constituída en primeira convocatoria, cando a ela concorran a maioría dos seus membros.

En segunda convocatoria será válida sexa cal sexa o número de asistentes. Deberá mediar un mínimo de media hora entre a primeira e a segunda convocatoria.

4. Adopción de acordos

Artigo 22º

Non será admisible en modo ningún para formación da vontade dos órganos colexiados da federación nin para o establecemento do seu quórum o voto por correo nin a delegación de voto sendo, por tanto, necesaria a presencia física dos seus membros. Exceptúanse as eleccións dos membros da asemblea xeral, se así se aprobase no Regulamento electoral.

Con carácter excepcional os clubs deportivos poderán ser representados de conformidade a seus propios estatutos, o representante que terá voz, pero non voto, non poderá ser membro da asemblea.

Ninguén poderá ostentar na asemblea xeral mais dunha delegación de voto.

Artigo 23º

As votacións no seo da asemblea xeral realizaranse no xeito e polo orde que a presidencia estableza, sendo ésta a que decidirá se han de ser ordinarias, nominales ou segredas; se ao menos o vintecinco por cento dos asistentes solicita unha modalidade determinada, o xeito da votación decidirase por maioría simple dos membros da asemblea xeral.

Artigo 24º

A asemblea xeral será presidida polo presidente da FCG e o seu voto será de calidade en caso de empate. Os acordos adoptaranse por maioría simple de asistente.

Para os efectos de cómputo de quorums e maiorías, cando estes se conformen cun número inexacto de asembleístas, se computaranse sempre por exceso e con referencia ó número daqueles efectivamente existentes como membros da asemblea, descontadas vacantes.

Artigo 25º

De tódolos acordos adoptados na asemblea xeral e comisión delegada, será levantada acta polo secretario delas, especificando o nome das persoas que intervisen e as demais circunstancias que se consideren oportunas, contido dos acordos adoptados, o resultado da votación e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

Os votos contrarios ó acordo adoptado ou as abstencións motivadas eximirán a quen os emita de calquera responsabilidade derivada de tales acordos.

Artigo 26º

Os acordos da asemblea xeral e da comisión delegada serán vinculantes e de obrigatorio cumprimento para a totalidade dos órganos, persoas e entidades que integran a federación e terán forza executiva a partir da data da súa adopción.

Artigo 27º

A asemblea xeral non poderá adoptar ningún acordo ou realizar ningún acto que poida comprometer de xeito irreversible o seu patrimonio ou a actividade que constitúe o obxecto propio da federación.

En caso de dúbida ou a petición dun 5% dos membros de dereito da asemblea, será requisito imprescindible a emisión dun informe favorable, por parte dos organismos competentes da Xunta de Galicia.

Capítulo III

Da comisión delegada

Natureza, constitución, composición e funcionamento

Artigo 28º

1. No seo da asemblea xeral deberá constituírse unha comisión delegada que terá carácter electivo e será un órgano de goberno e representación da federación.

2. A comisión delegada será elixida pola asemblea xeral na primeira xuntanza que esta celebre despois da súa constitución mediante sufraxio antre os membros da mesma. O seu mandato coincidirá co da asemblea xeral.

3. A comisión delegada da asemblea xeral estará composta por 5 membros, dos cales corresponderán 3 a representantes de clubs deportivos, 1 ó estamento de deportistas e outro ó de xuíces.

Os tres representantes de clubs de ámbito galego serán elixidos por e entre eles.

O deportista mailo xuíz serán elixidos por cada un dos seus estamentos gardando a proporción da súa representación na asemblea xeral.

Si se producise algunha vacante cubrirase co seguinte candidato.

4. O presidente da federación convocará á comisión delegada que se reunirá, como mínimo cada 4 meses para os fins da súa competencia e polo menos pra realiza-lo seguimento da xestión deportiva e económica da federación.

5. Correspóndelle á comisión delegada da asemblea xeral:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

b) A modificación do calendario deportivo en asuntos puntuais.

c) A modificación dos orzamentos e dos regulamentos en asuntos puntuais.

d) O seguimento da xestión deportiva e económica da federación.

As modificacións non poderán exceder dos límites e criterios que a propia asemblea xeral estableza.

A proposta sobre os temas que se van tratar na comisión delegada correspóndelle ó presidente ou a dous tercios dos membros da comisión delegada.

Capítulo IV

Do presidente

Artigo 29º

O presidente da federación é o órgano de goberno e representación que ostenta súa representación legal, convoca e preside os órganos de goberno e representación e executa os acordos dos mesmos. O presidente poderá nomear delegados nas localidades aprobadas pola asemblea xeral, que actuarán seguindo as instruccións daquel e por delegación nas funcións que se lle encomenden. Os ditos delegados poderán ser cesados ou substituídos polo presidente segundo o seu criterio.

Ten ademais o dereito de asistir a cantas sesións celebren calquera órgano e comisións federativas.

Artigo 30º

A duración do cargo de presidente será de 4 anos e a súa elección levarase a cabo, coincidindo cos

anos nos que se celebren Xogos Olímpicos de inverno pola asemblea xeral, mediante sufraxio libre, directo igual e secreto.

No caso de que, excepcionalmente, quede vacante a presidencia antes de que transcorra o prazo para o que foi elixido, considerarase demisionaria toda a xunta directiva, constituíndose a comisión delegada en comisión xestora, presidida polo membro de maior idade. Convocará á asemblea xeral, e ésta acordará unha nova elección do presidente para cubri-la vacante polo tempo que falte ata o remate do prazo correspondente ó mandato ordinario. Se a vacante se produce por prosperar unha moción de censura, haberá que aterse ó disposto no artigo trinta e tres destes estatutos.

Artigo 31º

O desenvolvemento do cargo de presidente será causa de incompatibilidade coas seguintes actividades:

a) Ocupación de cargos directivos noutras federacións deportivas; exceptúase a Real Federación Columbófila Española (RFCE).

b) A persoa que resulte elixida como presidente da federación deberá cesar en todo tipo de actividades directivas no deporte específico e no ámbito territorial da federación.

Non existirá incompatibilidade, en ningún caso, coa práctica activa do deporte.

Artigo 32º

O presidente cesará por:

a) Transcurso do prazo polo que foi elixido.

b) Demisión.

c) Incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Aprobación dunha moción de censura pola asemblea xeral.

e) Por incorrer en causa de inelixibilidade, ou incompatibilidade. Neste derradeiro caso disporá dun prazo dun mes para cesar no posto que resulte incompatible co de presidente.

Artigo 33º

A moción de censura ó presidente poderá ser presentada polos membros da asemblea xeral que constitúan polo menos un 20% da mesma mediante escrito presentado no rexistro da federación. En dita petición deberán solicitar do presidente a convocatoria dunha asemblea xeral extraordinaria coa dita moción como único punto da orde do día, así como propoñer un candidato alternativo á presidencia. En caso de prospera-la moción de censura, que se votará nun sistema de dobre volta, debendo alcanza-la maioría absoluta de membros que compoñen a asemblea na primeira ou maioría simple de asistentes na segunda, celebradas cunha hora de diferencia, o candidato quedará investido, cun

mandato polo prazo que falte para concluí-lo período ordinario.

Para a convocatoria da asemblea xeral extraordinaria a que se refire este artigo, haberá que aterse o disposto no artigo 23º destes estatutos. A sesión da asemblea xeral na que se debata a moción de censura, estará presidida polo membro de maior edade. Non será válido o voto por correo nin a asistencia por representación.

Se a moción de censura non prosperase, non poderá presentarse unha nova dentro do mesmo período de mandato, como tampouco poderá presentarse, en caso de prosperar, contra o candidato investido en dita moción polo tempo que falte para concluí-lo período ordinario.

TÍTULO III

Órganos complementarios dos de goberno e representación

Artigo 34º

Son órganos complementarios dos de goberno e representación da federación, para asistir ó presidente:

a) Complementarios: xunta directiva, secretaria xeral.

b) Técnicos: comité rexional deportivo, comité rexional de xuíces.

c) De réxime interno: asesoría xurídica e tesoureiro.

d) De xustiza: comité de competición, comité de apelación.

Artigo 35º

1. A xunta directiva é o órgano colexiado de xestión da federación sendo seus membros designados e destituídos polo presidente.

O númaro de membros será establecido pola asemblea xeral e non poderá ser inferior a 5 nin superior a 15.

O presidente elixirá entre os membros da súa xunta directiva un vicepresidente, que o será tamén da federación, quen substituirá ó presidente por delegación, imposibilidade física ou ausencia temporal; un secretario que, a súa vez, o será da federación, así como o tesoureiro. Tales cargos, en canto baseados na confianza, poderán ser removidos polo presidente cando o considere conveniente.

Os membros da xunta directiva que non o sexan da asemblea xeral, terán acceso ás sesións da mesma, con dereito a voz pero sen voto.

Tódolos cargos serán gratuítos e, en caso de establecerse unha compensación económica a favor dalgún dos membros da xunta directiva, deberá ser expresamente acordada pola asemblea xeral e constar de xeito diferenciado no orzamento. En ningún caso a compensación económica poderá ser satis

Artigo 39º

Os asuntos ordinario de trámite serán despachados polo presidente e o secretario.

TÍTULO IV

Dos órganos técnicos e asesores

Capítulo I

Comisións en xeral

Artigo 40º

1. A federación poderá crear, logo de aprobación pola asemblea xeral, cantas comisións técnicas precise, ademais das seguintes:

a) A dirección técnica.

b) Os comités de disciplina deportiva e comité de apelación.

c) Comité de xuíces.

d) Comité de concursos.

Tódalas comisións rexeranse polos seus respectivos regulamentos internos e, se é o caso, pola normativa estatal unificada emanada da Real Federación Columbófila Española, pola lexislación aplicable e polo disposto nos presentes estatutos.

Capítulo II

Do comité autonómico deportivo e da comisión autonómica de xuíces

Artigo 41º

1. O comité autonómico deportivo estará constituído por membros dos clubs, correspondendo un membro por provincia.

O nomeamento do seu presidente é facultade do presidente da FCG e formará parte da xunta directiva dela.

2. O presidente do comité autonómico deportivo nomeará e cesará libremente ós membros do seu comité.

3. Correspóndelle a este comité:

a) Facilitar información que lle sexa solicitada en asuntos da súa competencia á asemblea xeral, comisión delegada, xunta directiva e á comisión que legalmente se constitúa.

b) O comité autonómico deportivo coñece tódalas cuestións deportivas e aplica as súas normas e regulamento deportivo autonómico e estatal.

c) Presenciar por calquera dos membros, determinados actos dos concursos, co fin de dar información sobre as incidencias del.

4. O membro do comité autonómico deportivo, velará no seu ámbito provincial polo cumprimento dos regulamentos e normas que sexan da súa competencia.

5. Os acordos do comité autonómico deportivo, serán tomados por maioría simple e as fraudes e infraccións serán tramitadas ó comité de competición por se houbera lugar a sanción.

6. O comité autonómico deportivo reunirase co seu presidente cando este así o considere, para tratar e dictamina-los asuntos da súa competencia.

Estará legalmente constituído cando asistan á mesma un mínimo de 3 membros.

Artigo 42º

1. A comisión autonómica de xuíces estará constituída por un mínimo de 3 membros, que posúan o título de xuíz estatal ou autonómico.

O seu presidente será nomeado polo da FCG e formará parte da xunta directiva da mesma.

2. O presidente da comisión autonómica de xuíces designará e cesará libremente ós membros da súa comisión.

3. Correspóndelle a esta comisión:

a) Facilita-la información que lle sexa solicitada para formación de xuíces.

b) Nomea-lo equipo de xuíces titulares e suplentes que actúen en: exposicións sociais e nas exposicións de ámbito galego, que así o requiran os organizadores delas.

c) Facilitar toda aquela información do standar e arquetipo, que estando dentro da súa competencia e saber, lle interese á asemblea xeral, comisión delegada e xunta directiva.

d) Establece-los niveis de formación arbitral.

e) Clasificar tecnicamente, en función de criterios prefixados pola asemblea xeral ós xuíces ou árbitros, propoñéndolle á xunta directiva a adscrición as categorías correspondentes. Esta clasificación comunicarase á asemblea xeral.

f) Propoñe-los candidatos a xuíces ou árbitros estatais.

g) Propoñerlle á xunta directiva as normas administrativas que regulen a arbitraxe, para o seu posterior aprobación pola asemblea xeral.

h) Designa-los colexiados nas competicións oficiais de ámbito galego.

i) Colaborar cos órganos competentes da federación respectiva na formación de xuíces e árbitros.

4. O secretario da federación intervirá como secretario en tódolos comités sen voz e sen voto, salvo que fose membro deles.

TÍTULO V

Réxime electoral

Capítulo I

Os censos

Artigo 43º

Compoñerán os censos correspondentes a cada estamento electoral tódolos membros da federación que reúnan os requisitos establecidos pra cada estamento nos presentes estatutos e no regulamento electoral.

Capítulo II

Regulamento electoral

Artigo 44º

Os procesos electorais desenvolveranse conforme ó Regulamento electoral que deberá ser aprobado pola asemblea xeral, por proposta do presidente, e haberá de regula-las seguintes cuestións:

1. Número de membros da asemblea xeral, circunscrición electoral e número de representantes que por cada circunscrición electoral corresponda a cada un dos estamentos.

2. Calendario electoral.

3. Censo electoral.

4. Composición, competencias e funcionamento da xunta electoral.

5. Requisitos para presentación e proclamación de candidatos. O termo para a presentación de candidatos a presidente e membros da asemblea xeral non poderá ser inferior a 10 días.

6. Procedemento de resolución de conflictos, impugnacións e reclamacións así como os recursos electorais.

7. Regulación do voto por correo nas eleccións á asemblea xeral. Non se admitirá esta clase de voto nas eleccións á comisión delegada e presidente.

8. Composición, competencia, funcionamento e instalación das mesas electorais.

9. Elección de presidente.

10. Elección da comisión delegada.

O Regulamento electoral deberá ser ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

CapítuloIII

A comisión xestora

Artigo 45º

Acordada a convocatoria de eleccións pola asemblea xeral e aprobado o Regulamento electoral. O presidente procederá no plazo sinalado no mesmo á convocatoria de eleccións á asemblea xeral. A partir deste, a xunta directiva e o presidente constituiranse en comisión xestora, e someterán o Regulamento electoral á ratificación pola Secretaría Xeral para o Deporte.

A comisión xestora garantirá a máxima difusión e publicidade das convocatorias de eleccións á asemblea xeral e presidente, así como, do Regulamento electoral coas medidas previstas nas disposicións federativas a través dun medio que permita asegura-la recepción da dita notificación. Deberá expoñerse o Regulamento electoral en cada circunscrición electoral o mesmo día da convocatoria.

A comisión xestora administrará a federación e convocará e realizará novas eleccións no prazo

máximo de 3 meses no caso de que non se presentara ningunha candidatura ou non fose válida ningunha das presentadas.

Capítulo IV

Circunscrición electoral

Artigo 46º

A circunscripción electoral será cada unha das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra na que teña o seu domicilio para efectos federativos cada un dos membros dos respectivos estamentos.

Capítulo V

Xunta electoral

Artigo 47º

1. A xunta electoral estará composta por 3 membros que serán designados na asemblea xeral. Designarase así mesmo os membros suplentes, en igual númaro e condición cós titulares.

2. De entre os membros designados o presidente, será o de maior edade, e actuará como secretario o de menor idade con voz e voto.

3. Os membros da xunta electoral non poderán figurar coma candidatos á asemblea xeral e a presidencia da federación.

4. A xunta electoral controlará todo o proceso electoral e terá competencia para coñecer e resolve-las incidencias que se produzan sobre o censo electoral, presentación e proclamación de membros da asemblea xeral e comisión delegada e do presidente da federación, así como a decisión de calquera outra cuestión que afecte directamente á celebración de eleccións e os seus resultados. Unha vez finalizada a votación levantará acta dela e o reconto e remitiralle a acta á Secretaría Xeral para o Deporte no prazo máximo de 3 días.

5. As decisións da xunta electoral son executivas e formaranse por maioría de votos. En casos de empate, o voto do presidente terá carácter dirimente.

6. Unha vez concluído o proceso electoral da asemblea xeral, o presidente da federación e da comisión delegada, a xunta electoral disolverase.

Capítulo VI

Mesas electorais

Artigo 48º

Para elección dos diferentes estamentos da asemblea xeral, do presidente e da comisión delegada, constituiranse unha ou varias mesas electorais no xeito establecido no Regulamento electoral. Os membros destas mesas non poderán ser candidatos, axustándose o seu funcionamento ás normas que se establezan no Regulamento electoral.

Capítulo VII

Recursos

Artigo 49º

As reclamacións e impugnacións que se presenten contra calquera acto electoral dirixiranse á Xunta electoral e contra o que esta resolva caberá recurso diante do Comité Galego de Disciplina Deportiva. Así mesmo caberá recurso diante do Comité Galego de Disciplina Deportiva, contra tódolos actos, acordos ou resolucións da xunta electoral ou calquera outro órgano ou membro da federación en materia electoral.

Capítulo VIII

Elección da asemblea xeral

Artigo 50º

1. Os membros da asemblea xeral serán elixidos cada catro anos coincidindo cos Xogos Olímpicos de inverno mediante sufraxio libre, secreto, igual e directo entre e polos compoñentes dos distintos estamentos da federación.

2. As eleccións á asemblea xeral serán acordadas pola mesma que aprobará a convocatoria con tódolos requisitos que se establecerá no Regulamento electoral, que así mesmo se aprobe.

3. Acordada pola asemblea xeral a convocatoria de eleccións, o acordo será formalmente executado polo presidente da federación que asinará a mesma.

4. Desde a convocatoria para a celebración desta asemblea xeral a xunta directiva e o presidente constituiranse en comisión xestora, de acordo co disposto no artigo 45º dos presentes estatutos.

Artigo 51º

Para ser candidato a membro da asemblea xeral requírese o cumprimento dos requisitos establecidos con carácter xeral no artigo 11.5º destes estatutos.

Os requisitos esixidos para ser electores e elixibles deberán terse cumpridos no día no que se publique a convocatoria de eleccións.

Artigo 52º

As eleccións á asemblea xeral se realizarán para cada un dos postos correspondentes ós estamentos integrantes dela de acordo co previsto nestes estatutos.

Artigo 53º

Os representantes dos clubs deportivos na asemblea xeral serán elixidos por e entre os representantes dos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que integran o censo de clubs deportivos inscritos no rexistro público da federación e no Rexistro de Clubs, Federacións e Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia, no momento da convocatoria das eleccións e estivese igualmente inscritos durante a tempada deportiva anterior, sempre que teña participado en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola fede

ración ou pola Real Federación Columbófila Española coa aprobación ou intervención daquela.

Artigo 54º

Os representantes dos deportistas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os maiores de 18 anos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que teñan licencia en vigor expedida pola federación no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tiveran, polo menos, durante a tempada deportiva anterior, sempre que teñan participado en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola federación ou pola Real Federación Columbófila Española, coa aprobación e intervención daquela.

Artigo 55º

Os representantes dos xuíces na asemblea xeral serán elixidos por e entre dos pertencentes ó estamento, calquera que sexa a súa categoría, dos que teñan licencia en vigor no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tiveran, como mínimo, na tempada deportiva inmediatamente anterior, sempre que teñan participado en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola federación ou pola Real Federación Columbófila Española, coa aprobación ou intervención daquela.

Capítulo IX

Elección do presidente

Artigo 56º

Unha vez concluídas as eleccións á asemblea xeral, o presidente da comisión xestora, logo de acordo da mesma, procederá inmediatamente á convocatoria da dita asemblea para elixi-lo presidente e á comisión delegada da federación.

O presidente será elixido para un período de catro anos, coincidindo cos anos nos que se celebren Xogos Olímpicos de inverno pola asemblea xeral, mediante sufraxio libre, directo, igual e secreto por tódolos membros da dita asemblea xeral, logo da presentación e aceptación das candidaturas correspondentes que deberán estar avaladas polo menos polo 10% dos membros da asemblea xeral. Os candidatos a presidente poderán non ser membros da asemblea xeral.

Artigo 57º

Será elixido presidente o candidato que obteña o maior número de votos emitidos.

No suposto de que se presentara un só candidato, non se efectuará unha votación, sendo proclamado presidente o único candidato pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 58º

Para poder ser candidato a presidente da federación haberán de xuntarse as condición seguintes:

a) Te-la condición de cidadán de Galicia, segundo o que dispón o Estatuto de autonomía.

b) Ser maior de idade e estar en pleno uso dos dereitos civís.

c) Non estar incurso en ningunha sanción deportiva que o inhabilite, dictada polos órganos disciplinarios da federación ou polo Comité Galego de Disciplina Deportiva.

d) Non ter sido condenado mediante sentencia xudicial firme que leve anexa pena principal ou acesoria de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de cargos públicos.

Artigo 59º

A votación será libre, igual, secreta e directa, non se admitirá o voto por correo nin por delegación das persoas físicas.

Capítulo X

Elección comisión delegada

Artigo 60º

Na mesma asemblea xeral convocada para a elección de presidente e, unha vez realizada ésta, procederase á elección dos membros da comisión delegada da asemblea xeral.

A comisión delegada estará composta por 5 membros e ademais o presidente da federación.

Os membros da comisión delegada serán elixidos por e entre os integrantes da asemblea xeral.

Serán elixidos membros da comisión delegada os que obteñan maior número de votos por cada un dos estamentos, ata cubri-lo número de membros correspondentes á comisión delegada.

TÍTULO VI

Réxime económico

Artigo 61º

A federación está sometida ó réxime de administración, orzamentos e patrimonio propio e caixa única.

O tesoureiro someterá á asemblea xeral ordinaria un balance de situación e as contas de ingresos e gastos e memoria económica, así como o orzamento para a tempada seguinte, balance e orzamentos que deberá ser notificado á Secretaria Xeral para o Deporte.

Non poderá aprobarse un orzamento deficitario salvo autorización da Secretaría Xeral para o Deporte, tampouco poderán repartirse beneficios entre os seus membros.

A federación elaborará unha memoria que analizará fielmente a actividade económica da federación, a súa adecuada actuación orzamentaria, o cumprimento dos obxectivos e os proxectos a desenvolver, e informará separadamente como mínimo sobre os seguintes aspectos:

1. Diferenciación dos ingresos e aportacións segundo:

a) Subvencións públicas

b) Subvencións, donativos e aportacións privadas.

c) Vendas de activos.

d) Ingresos procedentes de competicións organizadas.

e) Ingresos por servicios prestados pola federación, permisos, licencias e outros.

f) Ingresos financeiros.

2. Tamén constará o destino da totalidade dos recursos, distinguíndose como mínimo os grupos de custo ou investimentos seguintes:

a) Administración da federación.

b) Dirección e servicios da directiva, incluíndo viaxes.

c) Competicións.

d) Axudas a clubs e outras entidades.

e) Axudas para actos deportivos.

f) Construccións e outros inmobilizados.

g) Formación de deportistas.

h) Deporte de élite.

i) Xuíces.

j) Órganos xurisdicionais.

3. O importe das obrigas de pagamento que é necesario satisfacer noutros exercicios que non estean previstos no balance.

4. O importe das garantías e os avais comprometidos.

5. A liquidación do orzamento, que explique as variacións en relación co orzamento aprobado na asemblea.

As contas anuais e os orzamentos estarán no domicilio social da federación cunha antelación mínima de 15 días da data de celebración da asemblea xeral, a disposición das persoas ou entidades con dereito a voto, que nela poderán pedir copia que se lles terá que entregar antes da celebración da asemblea.

Artigo 62º

Constitúen os ingresos da federación:

a) As subvencións ordinarias e extraordinarias da Xunta de Galicia ou as que outras entidades públicas poidan conceder, así como as provenintes, se é o caso, da Real Federación Columbófila Española.

b) Os bens ou dereitos que reciba por herdo, legado ou doazón de persoas físicas ou entidades particulares así como os premios que lle sexan outorgados.

c) As cotas dos afiliados.

d) As sancións pecuniarias que se impoñan ós seus afiliados dentro do exercicio da potestade disciplinaria.

e) Os froitos, rendas e xuros dos bens patrimoniais.

f) Os préstamos ou créditos que se lle concedan.

g) Os beneficios que produzan as actividades e competicións deportivas que organice, así coma os derivados dos contratos que realice.

h) Calquera outro que poidan serlle atribuídos por disposición legal ou en virtude de convenio.

Artigo 63º

A federación destinará a totalidade dos seus ingresos e patrimonio á consecución dos fins propios do seu obxecto social.

Artigo 64º

A xestión económica ordinaria correrá por conta do tesoureiro, baixo a dirección do presidente, coidando das operacións de cobramentos e pagamentos. Autorizará coa súa sinatura, mancomunada coa do presidente, ou coa do vicepresidente autorizado, tódolos documentos de movemento de fondos. Será responsable da levanza e custodia dos libros de contabilidade. Formulará os balances que anualmente deberán presentarse á asemblea xeral para a súa aprobación.

TÍTULO VII

Réxime documental

Artigo 65º

O Réxime documental da federación comprenderá como mínimo, os seguintes libros debidamente dilixenciados:

a) Libro de rexistro de entrada e saída de documentos e comunicacións oficiais.

b) Libro de Rexistro de clubs nos que constarán a denominación destes, domicilio social e número de inscrición no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

c) Libros de actas que consignarán as xuntanzas que celebren tódolos órganos colexiados da federación, tanto de goberno e representación como complementarios e técnicos.

d) Libros de contabilidade.

e) Libro inventario de bens mobles e inmobles.

f) Rexistro de membros da asemblea xeral e da comisión delegada no que deberán consta-los nomes dos titulares ou representantes legais e os enderezos para citacións e comunicacións.

Artigo 66º

O réxime documental da federación estará a cargo do secretario, a quen lle corresponde a custodia dos libros da federación, levantar actas das xuntanzas dos órganos colexiados e, unha vez aprobadas, asinalas co visto e prace do presidente, expe

dir certificacións, remiti-las certificación e acordos que procedan á Secretaría Xeral para o Deporte e, en xeral, prepara-la resolución e despacho de tódolos asuntos.

No caso de ausencia ou imposibilidade física do secretario as súas funcións serán desenvolvidas polo propio presidente da federación ou pola persoa en quen delegue.

TÍTULO VIII

Réxime disciplinario e xurisdiccional

Artigo 67º

A federación en materia de disciplina deportiva, ten potestade sobre tódalas persoas que formen parte da súa estrutura orgánica, os clubs deportivos e seus deportistas, os xuíces e, en xeral todas aquelas persoas e entidades que, estando federados, desenvolvan actividade deportiva que constitúe o seu obxecto social no ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 68º

Os órganos competentes en materia disciplinaria serán:

a) En primeira instancia un comité de competición ou xuíz único.

b) En segunda instancia un comité de apelación.

Ámbolos órganos rexeranse por e aplicarán o disposto no R.D. 1591/1992, do 23 de Nadal, sobre disciplina deportiva.

O comité de competición ou xuíz único de competición estará integrado por un número de membros entre 1 e 3 nomeados pola asemblea xeral de entre membros da federación. O comité de apelación estará integrado por 3 membros, así mesmo nomeados pola asemblea xeral entre os membros da federación.

A duración do cargo coincidirá coa da asemblea xeral que os nomease e durante o dito período cesarán por renuncia ou demisión, falecemento, incapacidade física ou psíquica, perda da condición de membro da federación e sanción que o inhabilite para o cargo.

Unha vez elixidos os membros dos comités, estes designarán os seus presidentes nas primeiras xuntanzas que celebren.

A composición destes comités seralle comunicada á Secretaría Xeral para o Deporte na forma prevista nestes estatutos.

Artigo 69º

As resolucións dictadas polo comité de apelación dentro das súas competencias, terán carácter definitivo no ámbito da federación e poderán ser recorridas diante do Comité Galego de Disciplina Deportiva conforme á lexislación vixente.

TÍTULO IX

Da modificación dos estatutos e da disolución da Federación Columbófila Galega

Artigo 70º

Os estatutos da federación só poden ser modificados pola asemblea xeral e de acordo co establecido nos presentes estatutos.

Artigo 71º

A proposta de modificación dos estatutos deberá ser acordada polo presidente ou comisión delegada da federación, nomeándose seguidamente por ela unha comisión técnica que realice os traballos necesarios para presentar á asemblea o novo texto que se cometerá a aprobación.

Aprobada a reforma dos estatutos pola asemblea xeral deberá ser ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 72º

A federación extinguirase polas seguintes causas:

a) Por acordo da maioría de 2/3 dos membros da asemblea xeral referendado, por maioría absoluta, por tódolos membros da federación a través de votación libre, igual, directa e secreta.

b) Polas demais causas que determinen as leis.

Unha vez producida a liquidación, o patrimonio neto destinarase para os fins de carácter deportivo que determine a Secretaría Xeral para o Deporte.

4913