Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.514

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (3/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido fai saber:

Que no xuízo de separación matrimonial número 3/1996, que se segue neste xulgado por instancia de María López Santos, que litiga co beneficio de xustiza gratuíta contra Adolfo Agra Brea e o Ministerio Fiscal, se dictou, con data 23 de abril de 1996, sentencia que ten o encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz de primeira instancia número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de proceso de familia, seguidos neste xulgado co nº 3 de 1996, entre partes, dunha, como demandante, María López Santos, maior de idade, veciña do lugar de Coto, Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), representada en autos polo procurador Merelles Pérez, asistida polo letrado Ruiz Permuy; e doutra, como demandado, Adolfo Agra Brea, maior de idade, do que se descoñece o seu domicilio actual e se ignora o seu paradoiro, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal, sobre separación matrimonial.

Resolvo que, estimando a demanda formulada polo procurador Merelles Pérez, en nome e representación de María López Santos, contra Adolfo Agra Brea, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro a separación dos cónxuxes con tólos efectos legais inherentes a tal declaración e, en especial, os seguintes: A) A revogación de tódolos poderes e consentimento que se outorgasen os cónxuxes entre si; B) a diso

lución da sociedade legal de gananciais; C) Os fillos menores de idade, Fernando, Natalia, Santiago e Carlos Agra López, quedarán baixo a custodia e patria potestade ordinaria da nai; D) A vivenda familiar, sita no lugar de Coto, Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), cos obxectos que forman o seu enxoval, quedará en uso e desfrute dos fillos menores, en compañía da nai, da que quedan baixo a súa custodia. Todo iso sen efectuar especial pronunciamento en custas.

Unha vez firme esta resolución comuníqueselle ó Rexistro Civil correspondente, para os efectos previdos na disposición adicional novena da Lei do 7 de xullo de 1981.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde, Adolfo Agra Brea, expido este edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o vintetrés de abril de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9604056