Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.514

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (20/1995).

Mª Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo, outros títulos nº 20/1995, nos que recaeu a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

En Padrón, o dous de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de executivo outros títulos seguidos neste xulgado co nº 20/1995, nos que son parte, como demandante, Caixa de Aforros de Galicia, representado polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes, e asistido polo letrado Blas Rivas Alejandro, e como demandados Fernando Caldelas Agrasar, Mª Soledad Paz Pardal e Estrella Pardal Buceta, en paradoiro descoñecido e declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Fernando Caldelas Agrasar, Mª Soledad Paz Pardal e Estrella Pardal Buceta, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.117.629 ptas., importe do principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada, e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, ó pagamento das cales debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

E para a súa publicidade e para que lles sirva de notificación ó demandado, non comparecidos, Fernando Caldelas Agrasar, Mª Soledad Paz Pardal e Estrella Pardal Buceta, expido o presente edicto en Padrón, o catro de maio de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

4820