Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 02 de xullo de 1996 Páx. 6.512

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

ACORDO do 18 de xuño de 1996, da comisión de goberno do Consello de Contas de Galicia, polo que se anuncia convocatoria pública para a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificado polo artigo 6 da Lei 371993, do 10 de abril, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polos artigos 3 e 9.2c) da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, esta comisión de goberno,

ACORDA:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta acordo.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do

Consello de Contas de Galicia (rúa Ramón Piñeiro, nº 29, Santiago de Compostela), directamente, ou polos xeitos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-No caso de resultar seleccionado para ocupa-lo posto de traballo relacionado no anexo I deste acordo un funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento no que presta servicios, considerándose neste sentido de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado, se é o caso, o seu traslado a este consello de contas, procederase á súa toma de posesión no posto para o que foi seleccionado e a súa adscrición á área de corporacións locais sen prexuízo do que poida acordarse de conformidade co artigo 10.2c) do Regulamento de réxime interior do consello de contas publicado no DOG nº 138 do 17 de xullo de 1992.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podéndose declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

Oitavo.-Contra este acordo cabe interpor recurso administrativo ordinario perante o Pleno do Consello de Contas no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1996.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior

ANEXO I

Nº vacantes: 1

Localidade: Santiago de Compostela.

Institución: Consello de Contas de Galicia.

Posto de traballo: técnico de auditoria.

Grupo: B

Nivel C. destino: 25

Específico (en miles): 1.586

Requisitos: pertencer a corpos de grao medio da Administración do Estado, CC.AA., OO.AA., S.S. ou CC.LL.

Méritos preferentes: experiencia en contabilidade e auditoría de contas.

3723