Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización da UE II-14 Roade.

O Pleno do Concello, en sesión do día 3-6-1996, acordou o seguinte:

1º. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da UE II-14 Roade (expediente nº 3962/401).

2º. Coa aprobación definitiva do proxecto de urbanización, os promotores da actuación deberán prestar fianza polo 100% do importe das obras de urbanización, que ascende á cantidade de 94.489.596 pesetas (IVE incluído).

3º. Somete-loe xpediente a información pública polo prazo de quince días, mediante a inserción de anuncios no DOG, BOP, un dos xornais de maior circulación da provincia e no tabloleiro oficial de edictos da Casa do Concello, con notificación ós interesados.

4º. Declarar que, en todo caso, a aproabción definitiva deste proxecto de urbanización quedará condicionada á previa aprobación do estudio de detalle (actualmente en trámite). En consecuencia, unha vez aprobado o estudio de detalle e de non se presentar alegación ningunha ó proxecto de urbanización, este considerarase aprobado definitivamente, sen necesidade do acordo expreso para o efecto, pero coa preceptiva publicación no BOP e comunicación ó órgano competente da Xunta de Galicia en materia urbanística (artigo 31.3º LASGA).

O que se fai público en cumprimento do punto 3º do acordo plenario e signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina municipal de información (baixo do concello).

Vigo, 13 de xuño de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.