Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

CONVOCATORIA pública para a elección de xuíz de paz.

Obxecto:

A elección de xuíz de paz do Xulgado de Paz de Baiona, de conformidade co disposto no artigo 101 da Lei orgánica de poder xudicial.

Prazo de presentación das solicitudes:

Ata o 31 de xullo de 1996.

Condicións legais dos aspirantes:

1. Ser español.

2. Maior de idade e non ter cumpridos os 65 anos.

3. Non estar incurso nas incapacidades recollidas no artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial.

Documentación que hai que presentar coa solicitude:

1. Certificación de nacemento ou fotocopia autentificada do documento nacional de identidade.

2. Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, e declaración complementaria a que fai referencia o artigo 2, número 1, a) da Lei 68/1980, referente a se se atopa inculpado ou procesado.

3. Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.

Baiona, 17 de xuño de 1996.

Manuel Ramón Vilar Márquez

Alcalde

4734