Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 01 de xullo de 1996 Páx. 6.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de productos conxelados.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde de 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191 de 3 de outubro), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de productos conxelados.

I. Obxecto e orzamento.

A subministración de productos conxelados por un orzamento máximo de 4.053.245 ptas. (IVE engadido).

II. Prazo de entrega.

O material obxecto do presente concurso público deberá de ser entregado segundo as necesidades do centro, a partir da data de notificación de adxudicación.

III. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n. Tfno. (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.

IV. Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de oitenta e unha mil sesenta e cinco pesetas (81.065 ptas.), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

V. Solvencia económica e financieira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995 de 18 de maio de contratos das administrancións públicas.

VI. Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VII. Clasificación.

Non se precisa.

VIII. Criterios de adxudicación.

-Calidade ata 5 puntos.

-Prezo ata 4 puntos.

-Programación das entregas ata 3 puntos.

-Presentación das subministracións ata 2 puntos.

IX. Admisión de variantes.

Admítense variantes.

X. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persona que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publibación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envio na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

XI. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XII. Documentación que deberán aporta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 14 de maio de 1996.

Luis E. Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

4719