Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, a contratación da asistencia técnica de traballos de restauración das tallas de Francisco de Moure na igrexa parroquial de Beade (Ourense).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, a contratación da asistencia técnica que se cita:

-Traballos de restauración das tallas de Francisco de Moure. Igrexa parroquial de Beade (Ourense).

Orzamento de licitación: 2.000.000 de ptas. (dous millóns de pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Fianza provisional: non se esixe.

Exposición dos pregos: o prego de características técnicas e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 as 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres poechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

96-4713