Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Samperes nos concellos do Porriño e Tui, por parte de Manuel Fernández Pérez.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Manuel Fernández Pérez, con domicilio en Prado, Gondomar, presentou nesta delegación provincial o día 11 de agosto de 1995 instancia-solicitude do permiso de investigación Samperes de 1 cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais do Porriño e Tui, desta provincial, e que lle correspondeu o nº 2.707 da provincial de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 18º 41' 00''42º 06' 00''

Vértice 28º 41' 40''42º 06' 00''

Vértice 38º 41' 40''42º 05' 40''

Vértice 48º 41' 00''42º 05' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 6 de xuño de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4628