Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/63-1.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. tipo superficie de 250 kVA na r/ Arcay.

Situación: Bembibre-Val do Dubra.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3 (1x95) mm Al, de 550 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Campo da feira (expediente 51932) e final no C.T. a instalar na rúa Arcay, Bembibre.

Centro de transformación en edificio prefabricado de formigón, de 250 kVA, tensións de 20/0,380-0,220 kV con conxunto de celas compactas en SF6 (2 de liña e 1 de trafo). Val do Dubra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4548