Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 26 de xuño de 1996 Páx. 6.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/60-1.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en Caseta de 630 kVA.

Situación: A Choupana, Oleiros.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, en dobre circuíto, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 305 m de lonxitude, con orixe na liña Perillo-Lamastelle (expediente 29878) e final en C.T. a instalar denominado Vista Alegre caseta en urbanización A Choupana.

C.T. en edificio prefabricado de formigón, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV equipado en conxunto de celas compactas en SF6 (2 de liña de 1 de trafo). Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4549