Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 setembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Lácteos Val do Tamuxe, S.L., e se inclúe a mesma no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994. (Expediente 95/133).

Lacteos Val do Tamuxe, S.L., con domicilio para efectos de notificacións na Cruz de Ferro s/n, concello do Rosal (Pontevedra), con data do 16 de marzo de 1995 solicitou autorización administrativa para a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica, para os efectos do recoñecemento da súa condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, e da súa inclusión no grupo d) do artigo 2 do dito real decreto, acompañando para tales efectos o preceptivo anteproxecto da instalación, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e do aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas, e o resto da documentación a que fai referencia ó artigo 5.4º do citado real decreto.

A devandita planta de coxeración, propiedade da empresa solicitante, situarase nos terreos da factoría destinada fundamentalmente á producción industrial de queixos e derivados cárnicos, que se encontra situada no concello do Rosal (A Coruña).

Resultando que de conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléc

trico nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, dictou resolución de data 27 de abril de 1995 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación da referida planta de coxeración, que foi publicada no DOG do 5-7-1995 e no BOP de Pontevedra do 9-7-1995, non presentándose no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Resultando que a planta de coxeración, da que se solicita autorización administrativa, ten as seguintes características técnicas básicas:

-Motor de combustión interna de fueloil/gasóleo de 710 kW de potencia; alternador síncrono trifásico de 850 kVA, factor de potencia 0,9 e tensión de xeración 380 V; transformador de potencia de 1 mVA, relación 0,4/20 kV e grupo de conexión D y 11.

Resultando que a solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra.

Considerando que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, de 9 de decembro.

Considerando que se cumpriu a tramitación regulamentaria, e que a planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o combustible en cuestión se establecen no anexo do citado Real decreto 2366/1994.

Esta direccion xeral,

RESOLVE:

1. Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Lácteos Val do Tamuxe, S.L., a situar nas instalacións da factoría que a dita empresa ten no concello do Rosal (Pontevedra).

2. Recoñecer á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, e incluíla no grupo d) do artigo 2 de dito real decreto.

Como requisitos necesario para a aplicación á devandita instalación do réxime especial, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio de 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995).

O pomotor presentará perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, no plazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así coma o punto de interconexión.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no plazo dun mes contado a partir do día da súa notificación/publicación.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

96-4580