Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 25 de xuño de 1996 Páx. 6.270

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xuño de 1996 pola que se conceden axudas para a realización de accións de integración laboral e estímulo da formación empresarial dos alumnos que rematan estudios de formación profesional regrada ou de educación secundaria obrigatoria no curso 1995-96, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Por Orde do 7 de febreiro de 1996 (DOG do 6 de marzo de 1996) convocáronse axudas para a realización de actividades de formación empresarial dos alumnos que rematan estudios de formación profesional regrada ou de educación secundaria obrigatoria, da Comunidade Autónoma.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo sexto da devandita orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ós conceptos orzamentarios 07.04.322S.483.0. da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Denegar, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-De conformidade co punto noveno da Orde do 7 de febreiro de 1996, as axudas serán aboadas do seguinte xeito:

* O 10% da contía subvencionada logo da aceptación da devandita subvención, certificación do comezo da actividade por parte do director/a do centro onde se realiza, calendario das actividades e relación nominal e DNI dos asistentes e dos relatores.

* O 70% en concepto de pagamentos parciais.

* A cantidade restante librarase unha vez finalizada a actividade no momento da súa completa xustificación económica e entrega da súa memoria de actividades (en todo caso antes do 5 de outubro) achegando certificación acerca da percepción ou non percepción doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade subvencionada, para o efecto do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario.

Cuarto.-Nas convocatorias públicas, publicidade e propaganda das accións que se desenvolven ó abeiro desta orde, así como os lugares nos que se realizan as referidas accións, deberá figurar que estas están cofinanciadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e o Fondo Social Europeo, ámbalas dúas instituciones cos seus respectivos logotipos.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de

decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicación a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

EntidadesImporte

APA Colexio Mixto Caixa Galicia420.000 ptas.
Centro de Iniciativas para a Mocidade (CIMO)1.600.000 ptas.
Fondo Formación F.P.E.6.496.000 ptas.
APA do IFP de Betanzos190.000 ptas.
Asoc. para a investigación e Desenrolo da Ensinanza e a Formación Profesional200.000 ptas.
Confederación de Empresarios de Galicia45.010.000 ptas.
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela1.216.000 ptas.
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra504.000 ptas.
APA do IESP de Santa Comba315.000 ptas.
Fed. de Empresas Cooperat. de Galicia Sinerxia4.400.000 ptas.
APA do IESP da Rúa140.000 ptas.
Asoc. Pro-emprego Nicraria de Negreira150.000 ptas.
Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra560.000 ptas.
APA do IFP A Pinguela300.000 ptas.
APA Beiramar do IESP da Coruña728.000 ptas.
Confederación Empresarial de Ourense2.342.000 ptas.
APA do IFP de Foz366.800 ptas.

ANEXO II

EntidadesCausa denegación

Fondo Formación FPE (Bus Novas Tecnoloxías)Non ser acción prioritaria, de acordo co artigo 8º da convocatoria
Asoc. Cultural e Polideport. GandainaNon axustarse ó artigo 2º da orde da convocatoria
Asoc. Deportiva LobeiraNon axustarse ó artigo 3º da orde da convocatoria en relación co artigo 2º
APA do CRFP de VilamarínNon axustarse ó artigo 8 da orde da convocatoria
APA do IFP de VilalbaPor entrar fóra de prazo
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Naveg. da CoruñaPor entrar fóra de prazo
Asoc. de Empresarios da Comarca do Val MiñorPor entrar fóra de prazo
Federación de Escolas Agrarias de GaliciaPor entrar fóra de prazo
Conf. Prov. de Xoves Empresarios de PontevedraPor entrar fóra de prazo
Federación de Empresarios do BarbanzaPor entrar fóra de prazo
Asoc. Cultural Anxel CasalPor entrar fóra de prazo
Colexio de Delineantes de PontevedraPor entrar fóra de prazo
Concello de CarnotaPor entrar fóra de prazo
Prestadora de Servicios FervenzaPor entrar fóra de prazo
Concellería de Xuventude do Concello de VigoPor entrar fóra de prazo
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Naveg. de FerrolPor entrar fóra de prazo

3015