O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15-9-1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita:
Subministro: oxigenadores de membrana.
Orzamento: 13.425.000 ptas. IVE incluído.
Fianza provisional: 268.500 ptas.
Lote 1: oxigenador de membrana standard.
Orzamento: 10.500.000 ptas.
Finaza provisional: 210.000 ptas.
Lote 2: set de tubos P/Circ. extracorpórea.
Orzamento: 2.925.000 ptas.
Fianza provisional: 58.500 ptas.
Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.
Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entragaranse: primeira entrega ós 15 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato. O resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministración.
Admisión de variantes: non se admiten.
Solvencia económica e financeria: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Criterios de adxudicación:
1. Oferta económica: 80%.
2. Calidade dos materiais: 20%.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería-planta soto anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006, A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono (981) 17 80 73. Fax (981) 17 80 71.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte:
Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.
A Coruña, 27 de maio de 1996.
Josep Santacreu Bonjoch
Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza
96-4499