Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de solucións bicarbonatadas e agullas de fístula para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto e ordinario (Exp. 35/1996).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3-10-1994) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público.

-Obxecto e orzamento: a contratación da subministración sucesiva de solucións bicarbonatadas e agullas de fístula para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela por un importe máximo de 24.274.110 pesetas, IVE incluído.

-Prazo de execución: a duración do contrato será desde a data de sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1996.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

-Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación o lote/s os que presente oferta.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto no apartado 9.3.8 e o apartado 13.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, respectivamente.

-Clasificación: non se esixe.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixesimosexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

-Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital de Conxo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Documentación que deberán aporta-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1996.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

4425