Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 24 de xuño de 1996 Páx. 6.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 144/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. n. 1 polígono Lalín 2000 que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n. 6 da L.M.T. ó antigo C.T. Laxe-Lendoiro rematando no C.T. que se proxecta n. 1 do polígono Lalín 2000, concello de Lalín.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 55 m de lonxitude, o tramo aéreo irá sobre apoio de formigón e o tramo subterráneo con conductor tipo R.H.V. C.T. de 160 kVA relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Orzamento: 4.657.604 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 24 de abril de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9604351