Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T.S. Sub. O Castro-Hotel Bahía-Praza de Compostela CU1 que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a subestación O Castro rematando no C.T. O Túnel onde enlaza co CU1 entre os CC.TT. Hotel Bahía e Praza de Compostela (cruzamento das rúas Carral, Gamboa e Victoria), concello de Vigo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., soterrada, a 15 kV, de 1.590 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.
Orzamento: 7.614.183 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 24 de abril de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9604350