Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 21 de xuño de 1996 Páx. 6.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1996 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación da poxa polo procedemento aberto das obras de clave E/SC/96.43 e seis máis.

a) Obras.

1. Acondicionamento da plataforma da estrada AC-414 camiño de Carballo a Buño, p.k. 0,700 ó 9,700.

Clave: E/SC/96.43.

Orzamento: setenta millóns tres mil cincocentas corenta e nove pesetas (70.003.549).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría D.

Garantía provisional: 1.400.071.

2. Acondicionamento da estrada C-550 camiño de Fisterra a Tui pola costa, p.k. 10,300/12,00 e 15,000/25,000.

Clave: E/SC/96.42.

Orzamento: setenta e catro millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas dezaoito pesetas (74.999.818).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría D.

Garantía provisional: 1.499.996.

3. Acondicionamento da estrada de Ribadeo a Ferrol por Ortigueira. Treito: Xubia-Ferrol.

Clave: E/SC/96.40.

Orzamento: cincuenta e nove millóns novecentas noventa e nove mil novecentas sesenta e sete pesetas (59.999.967).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría C.

Garantía provisional: 1.199.999.

4. Mellora da capa de rodadura na OUR-113. Verín-Castrelo do Val-Laza.

Clave: E/SC/96.52.

Orzamento: setenta e catro millóns catrocentas sesenta e seis mil catrocentas sesenta e oito pesetas (74.466.468).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría D.

Garantía provisional: 1.489.329.

5. Mellora na capa de rodadura na OUR-310. Treito: Verín-Vilardevós.

Clave: E/SC/96.49.

Orzamento: sesenta millóns cento setenta e cinco mil pesetas (60.175.000).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría D.

Garantía provisional: 1.203.500.

6. Acondicionamento da plataforma da estrada da Gudiña a Lalín, p.k. 118,100 ó 130,800. Treito: Monforte de Lemos-Escairón.

Clave: AP/LU/95.05.

Orzamento: noventa millóns cento noventa e sete mil setecentas cinco pesetas (90.197.705).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría E.

Garantía provisional: 1.803.954.

7. Acondicionamento de Travesías de Cruz do Incio 2ª fase. Treito: Cruz do Incio.

Clave: RC/SC/LU/96.01.

Orzamento: trinta millóns setecentas cincuenta e unha mil cento noventa e dúas pesetas (30.751.192).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría D.

Garantía provisional: 615.024.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos

das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4697