Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 21 de xuño de 1996 Páx. 6.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/OU/91.3 e oito máis.

a) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da C-531. Treito: Xinzo de Limia-Alto do Forriolo.

Clave: N/OU/91.3.

Orzamento: nove millóns trescentas sesenta e catro mil seiscentas trinta e catro pesetas (9.364.634.).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non se esixe.

2. Asistencia técnica redacción proxecto de acondicionamento da estrada OU-104. Treito: Alto do Couso-Maceda.

Clave: N/OU/96.3.

Orzamento: sete millóns seiscentas noventa e catro mil trescentas cincuenta pesetas (7.694.350).

Prazo de execución: 6 meses

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.

3. Asistencia técnica redacción proxecto de acondicionamento da estrada Rozas-Abadín. Treito: Momán-Moncelos.

Clave: N/LU/92.2.2.

Orzamento: nove millóns duascentas vinteúnha mil setenta e dúas pesetas (9.221.072).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.

4. Asistencia técnica redacción proxecto de acondicionamento da estrada OU-311. Treito: A Mezquita-fronteira portuguesa.

Clave: N/OU/96.4.2.

Orzamento: cinco millóns cincocentas corenta mil novecentas vinteseis pesetas (5.540.926).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.

5. Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitución analítica da obra de acondicionamento da estrada C-545. Treito: Santa Comba-Baio.

Clave: N/AC/91.11.

Orzamento: seis millóns cento trinta e catro mil catrocentas noventa e oito pesetas (6.134.498).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: non se esixe.

6. Asistencia técnica redacción proxecto de acondicionamento da estrada OU-311. Treito: N-525 A Mezquita.

Clave: N/OU/96.4.1.

Orzamento: tres millóns seiscentas once mil cento vinteseis pesetas (3.611.126).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.

7. Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitución analítica da obra de acondicionamento da estrada LU-170. Treito: Momán-Parga.

Clave: N/LU/91.5.

Orzamento: seis millóns sesenta e cinco mil catrocentas setenta e oito pesetas (6.065.478).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: non se esixe.

8. Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada AC-443 Negreira-Brandomil. Treito: A Pereira-Corneira.

Clave: N/AC/91.3.3.1.

Orzamento: oito millóns novecentas trinta e seis mil setecentas dez pesetas (8.936.710).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.

9. Asistencia técnica estudio de planeamento da situación viaria transfronteriza e comunicacións alternativas entre A Guarda e Baltar.

Clave: EP/SC/96.1.

Orzamento: dezaoito millóns cincocentas oitenta mil oitocentas corenta e sete pesetas (18.580.847).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría B.

(Declaradas urxentes con base no establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado

conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que no coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1996.

P.D.(O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4746