Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público aberto, para a subministración de sutura mecánica (C.P. 30/96).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 15-9-1994 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita:

Subministro: sutura mecánica.

Orzamento: 19.224.645 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 384.493 ptas.

Lote 1: grampadora para pel dun só uso.

Orzamento: 1.785.000 ptas.

Finaza provisional: 35.700 ptas.

Lote 2: grampadora lineal dun só uso (30, 60 e 90).

Orzamento: 1.523.445 ptas.

Fianza provisional: 30.469 ptas.

Lote 3: carga grampadora lineal de varios usos para vasos.

Orzamento. 1.501.200 ptas.

Fianza provisional: 30.024 ptas.

Lote 4: grampadora lineal cortadora dun só uso (varias medidas) e cargas para elas.

Orzamento: 4.380.000 ptas.

Fianza provisional: 87.600 ptas.

Lote 5: grampadora circular cortadora curva dun só uso (varias medidas).

Orzamento: 2.592.000 ptas.

Fianza provisional: 51.840 ptas.

Lote 6: grampadora lineal articulada dun só uso (varias medidas).

Orzamento: 888.000 ptas.

Fianza provisional: 17.760 ptas.

Lote 7: aplicador de clips (pequeno, mediano e grande).

Orzamento: 6.555.000 ptas.

Fianza provisional: 131.100 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entragaranse: primeira entrega ós 15 días naturais contados desde a data de adxudicación do contrato. O resto segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministración.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeria: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios que dispón o artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 70%.

2. Calidade dos materiais: 25%.

3. EDI sanitario + código de barras EAN: 5%.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Dirección de Xestión-Sección de Investimentos (edificio da Escola de Enfermería-planta soto anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006, A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono (981) 17 80 73. Fax (981) 17 80 71.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas de Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte:

Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.

A Coruña, 27 de maio de 1996.

Josep Santacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza

4704