Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.088

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996 pola que se anuncia concurso público, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración dun vehículo modalidade turismo e outro vehículo todo terreo para o Ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia, Xunta de Galicia, praza de Europa, nº 5-A, 6º e 7º, Área Central, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: SC. Sub-03/96.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: suministración dun vehículo modalidade turismo e un vehículo todo terreo para o ente público Portos de Galicia.

b) Número de unidades que hai que entregar: dous.

c) División por lotes e número: o expediente divídese en dous lotes denominados respectivamente, A e B.

d) Lugar de entrega: sede central do ente público Portos de Galicia.

e) Prazo de entrega: quince días naturais contados a partir do día seguinte ó da notificación da adxu

dicación do contrato, salvo que o adxudicatario ofertase outro menor.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento total: 5.000.000 de ptas.

b) Orzamento lote A: 2.800.000 ptas.

c) Orzamento lote B: 2.200.000 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación:

100.000 ptas., no caso de presentar ofertas para os dous lotes.

56.000 ptas., no caso de presentar oferta só para o lote A.

44.000 ptas., no caso de presentar oferta só para o lote B.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

200.000 ptas., no caso de presentar ofertas para os dous lotes.

112.000 ptas., no caso de presentar oferta só para o lote A.

88.000 ptas., no caso de presentar oferta só para o lote B.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, nº 5-A, 6º e 7º, Área Central, polígono das Fontiñas.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela; CP 15.703.

d) Teléfono: (981) 54 45 02.

e) Telefax: (981) 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación para presentar: a esixida no prego de cláusulas particulares.

c) Lugar de presentación: ante a entidade, domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

d) Prazo durante o que o licitador terá a obriga de mante-la súa oferta: durante 45 días contados a partir de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

Na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 deste anuncio.

A mesa de contratación reunirase ás 12 horas do décimo día natural a contar desde o seguinte á fin do prazo de admisión de ofertas expresado neste anuncio. De coincidir en día inhábil ou sábado, o prazo será prorrogado ata as 12 horas do seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario. De resultar adxudicatarios distintos para cada lote, o anuncio aboarase pro rata entre eles.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

9604701