Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 28 de maio de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a notificación de resolución do recurso de revisión no expediente sancionador (C-229/1992).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do recurso de revisión do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimos-pesqueiros.

O dito interesado dispón dun prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para que poida examina-lo expediente na Delegación Territorial da Coruña (Ramón y Cajal, 1, Casa do Mar, 5º andar, A Coruña), e presenta-lo recurso correspondente.

-Nº de expediente: C-229/1992.

Denunciado: José Formoso Santos.

Domicilio: Xeneral Sanjurjo, Fisterra.

Sanción: cincuenta mil pesetas (50.000).

Recurso de revisión presentado o día 3 de maio de 1995.

Resolución do recurso de revisión: desestimatoria, confirmando a sanción de cincuenta mil pesetas (50.000).

A Coruña, 28 de maio de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

4651