Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 28 de maio de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de pregos de cargos nos expedientes sancionadores (C-404/1996 e C-471/1996).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, prego de cargos nos expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimos-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Comarcal de Ribeira (Praza dos Mariñeiros, s/n), e presentar ante a dita delegación as alegacións que estimen pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991,

do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

-Nº de expediente: C-404/1996.

Denunciado: Mª José Lustres Miranda.

Domicilio: Churriana, 19, Ribeira.

-Nº de expediente: C-471/1996.

Denunciado: Antonio Noya Castro.

Domicilio: Vara, San Cosme, Outes.

A Coruña, 28 de maio de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

4650