Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de material funxible para estudios diagnósticos hemodinámicos para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 34/1996).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG 3-10-1994) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36. Fax: (981) 53 12 55.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

b) Contido do contrato obxecto de licitación: a subministración sucesiva de material funxible para estudios diagnósticos hemodinámicos para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

3. a) Lugar de entrega: almacén do Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar:

-Lote 1: catéteres para diagnóstico en estudios hemodinámicos:

Cantidade: 2.500 unidades.

Orzamento: 67.375.000 ptas.

-Lote 2: catéteres de inxección de presión para acceso ó lado dereito do corazón:

Cantidade: 180 unidades.

Orzamento: 3.729.240 ptas.

-Lote 3: guías de aceiro recubertas de teflón:

Cantidade: 840 unidades.

Orzamento: 2.940.000 ptas.

-Lote 4: agullas percutáneas para introductores:

Cantidade: 840 unidades.

Orzamento: 877.800 ptas.

-Lote 5: alongador para manometría en cateterismos:

Cantidade: 1.260 unidades.

Orzamento: 6.048.000 ptas.

-Lote 6: alongadores alta presión para anxiografía:

Cantidade: 840 unidades.

Orzamento: 1.115.520 ptas.

-Lote 7: chaves tipo «Manifold» para monitorización anxioplástica e hemodinámica:

Cantidade: 840 unidades.

Orzamento: 2.849.280 ptas.

-Lote 8: xiringas especiais para coronariografía de 10 cc.:

Cantidade: 400 unidades.

Orzamento: 286.400 ptas.

-Lote 9: xiringas especiais para coronariografía de 12 cc.:

Cantidade: 400 unidades.

Orzamento: 856.000 ptas.

c) Licitación (á totalidade ou a un ou varios lotes): as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un o máis lotes por separado.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo se indica no prego de prescricións técnicas.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 22-xullo.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 29-xullo.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o que figura no punto 1.

c) Lingua o linguas nas que deberanse redacta-las ofertas: castelan e/o galego.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: o día 9 de agosto, ás 10 horas na dirección indicada no punto 1.

8. Garantías esixidas:

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación do lote/s os que se presente oferta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo disposto nas cláusulas 9.3.8 e 13.3. do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades básicas de financiación e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pago realizarase segundo entregas do material, segundo establece o apartado 11 da folla de especificacións.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberase axusta-lo provedor: as condicións que se establecen nas cláusulas 16 e 18 respectivamente da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas (apartados 7 e 8 da folla de especificacións).

12. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen no apartado 10 da folla de especificacións.

14. Variantes: pódense presentar variantes así como melloras sobre as características mínimas establecidas no prego de prescricións técnicas.

15. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó servicio que figura no punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa.

17. Data de envió do anuncio: 6 de xuño.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1996.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

96-4151