Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación da contratación dunha asistencia para a vixilancia e protección das residencias da terceira idade de Laraxe e Castro de Ribeiras de Lea.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 28 de maio de 1996, adoptada en virtude de delegación do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais (conferida mediante Orde do 7 de maio de 1994), foille adxudicado o contrato á empresa Cetssa Seguridade, S.A. por un importe de 6.255.648 ptas (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1996.

P.D. (Orden 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

4504