Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.050

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (155/1993).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número cinco de Santiago de Compostela.

Fai saber: que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 155/1993, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Ricardo García Piccoli Atanes, en representación de Banco Bilbao Vizcaya, contra Carmen Gendra Otero e Mª del Carmen Sánchez Gendra, en reclamación de cantidade; nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo de valoración pericial o seguinte predio embargado ás demandadas:

-Urbana, sita na primeira planta dun bloque de vivendas de promoción pública e designada con nº 20 desta, sito na rúa Touro 49, 1º Esda. Consta de vestíbulo-corredor, cociña, tendedeiro, estar-comedor, cuarto de baño, xeral, dormitorio principal e dormitorio dobre.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas de Santiago de Compostela, o próximo día 15 de xullo ás 11 horas, de acordo coas seguintes condicións:

1. O tipo de remate será de 3.300.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV número conta 1592-17-155/1993 o 20% do tipo de remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgdo, xunto con aquel, o 20% do tipo de remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate a calidade de ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito, por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan ou cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumplise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan por orde ds súas respectivas ofertas.

6. Faise constar que non existen títulos de propiedade nin datos rexistrais do predio poxado.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo 19 de setembro, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate, que será do 75% do da primeira; e en caso de resul

tar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 15 de outubro, tamén ás 11 horas, rexendo para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

Sirva esta publicación de notificación ás demandadas para o caso de que non puidese realizarse no seu domicilio.

Dado en Santiago de Compostela o oito de maio de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4457