Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.049

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (13/1996-1).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución do día de hoxe, dictada en autos de xuízo verbal civil 13/1996-1 demanda formulada por Bernardino Montero González, representado polo procurador Belmonte Pose e defendido polo letrado Senín Fernández, contra Yesos Camanzo, S.L., Manuel Mata Iglesias, e a Cía. de seguros Schweiz, por medio da presente cédula cítase o demandado Yesos Camanzo, S.L. para que compareza neste xulgado o vindeiro día 18 de xullo ás 9.30 horas para a celebración do correspondente xuízo verbal, baixo apercibimento de que de non o facer será declarado rebelde continuando os autos o seu curso.

E para que así conste e lle sirva de citación ó demandado Yesos Camanzo, S.L., en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o doce de abril de mil novecentos noventa e seis, dou fe.

O secretario

Rubricado

3718