Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN da Alcaldía, do 7 de xuño de 1996, pola que se corrixe erro no anuncio publicado o día 6 de xuño no Diario Oficial de Galicia número 111.

Lido o anuncio publicado no DOG nº 111, do día 6 de xuño de 1996, polo que se facía pública a contratación das obras comprendidas nos proxectos de saneamento das parroquias de Alba e de Lérez, apréciase un erro no apartado 7.a) de ámbolos dous anuncios no que atinxe á clasificación empresarial do contratista, polo que se procede á súa rectificación mantendo os demais apartados da seguinte forma:

A) Saneamento da parroquia de Alba: 7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

B) Saneamento da parroquia de Lérez: 7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

C) Data límite de presentación de proposicións: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente corrección no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 7 de xuño de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral