Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1996 pola que se dá publicidade a distintas adxudicacións de concursos públicos.

En cumprimento do establecido no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o órgano de contratación do Igape resolveu a adxudicación dos seguintes concursos públicos:

1. Concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para o estudio de estratexia de asociación, colaboración e integración entre empresas galegas, adxudicado á empresa AB Asesores Consulting, S.A., polo importe de 11.600.000 ptas., IVE incluído.

2. Concurso público para a contratación da subministración e instalación da ampliación do equipamento para a sala de CAD dos Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol, adxudicados á empresa Sermática, S.A. polo importe de 22.000.000 de ptas., IVE incluído.

3. Adxudicar, polo procedemento negociado sen publicidade, a contratación da subministración e instalación do equipamento do Taller de Deseño dos Centros de Innovación e Servicios (CIS) en Ferrol á empresa Gumersindo García A Coruña, S.A., polo importe de 7.875.275 ptas. IVE incluído.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1996.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

4616