Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 30 de maio de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio da batea María Isabel número 1.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade de concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: María Isabel nº 1.

Cultivo: vieira, zamburiña e ameixa.

Localización: cuadrícula nº 1, Redondela «A».

Data da concesión: 11-8-1975.

Data de remate da última prórroga: 3-6-2004.

Anterior concesionario: Camilo Castellano Barreiro, Olga Martínez Taboas.

Novo titular concesión: Julio García Cortegoso.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 30 de maio de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

4247