Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.940

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO VINTESEIS DE MADRID

EDICTO de poxa (955/1992).

A maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número vinteseis de Madrid, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo executivo-outros títulos, co número 955/1992, seguido

por instancia de Banco Pastor, S.A., conta María Paloma Cortes Lobato e en execución de sentencia dictada neles, anúnciase a venda en pública poxa, por termo de vinte días, dos bens inmobles embargados ó demandado, que foron taxados pericialmente na cantidade de:

-Predio rexistral 8.641 sita na Coruña, valor dunha quinta parte dunha oitava parte indivisa da núa propiedade, dez millós catro mil pesetas (10.004.000 ptas.).

-Predio rexistral 72.787 da Coruña, valor da súa propiedade, un millón seiscentas vinte mil pesetas (1.620.000 ptas.).

-Predio rexistral 72.795 da Coruña, valor da núa propiedade, tres millóns catrocentas oitenta mil pesetas (3.480.000 ptas.). O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na Praza de Castilla nº 1, na forma seguinte:

En primeira poxa, o día 19 de xullo de 1996 próximo e hora ás 10.30 horas: polo tipo de taxación.

En segunda poxa, caso de non quedaren rematados os bens na primeira, con rebaixa do 25% do tipo, o día 20 de setembro de 1996, próximo e hora ás 10.30 horas.

E en terceira poxa, se non se rematase en ningunha das anteriores, o día 25 de outubro de 1996 próximo ás 10.30 horas, sen suxeición a tipo, pero coas demais condicións da segunda.

Advírtese que non se admitirá oferta, en primeira nin en segunda poxa, que non cubra as dúas terceiras partes dos tipos de licitación; que para tomaren parte deberán consignar previamente os licitadores, na mesa do xulgado ou no establecemento designado para tal efecto, unha cantidade igual ou superior ó 20% dos respectivos tipos de licitación; que as poxas se celebrarán en forma de poxas abertas, se ben, ademais, ata o día sinalado para o remate poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado; que só o executante poderá facer oferta en calidade de cede-lo remate a un terceiro. O executante que exerza esta facultade deberá de verifica-la dita cesión mediante comparecencia perante o propio xulgado que celebrara a poxa, con asistencia do cesionario, quen deberá aceptala, e todo iso, logo do ou simultaneamente ó pagamento do resto do prezo do remate; que, por instancia do actor, poderán reservarse os depósitos daqueles ofertantes que cubrisen o tipo de poxa e o admitan, para

efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise as súas obrigas, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan, pola orde das súas respectivas ofertas; que os títulos de propiedade, suplidos por certificación rexistral, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, e deberán conformarse con eles os licitadores, que non terán dereito a esixir ningúns outros; que así mesmo estarán de manifesto os autos; e que as cargas anteriores e as preferentes -se as houber- ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rema

tante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Os predios obxecto de licitación son os seguintes:

-Predio rexistral número 8.641, sito na cidade da Coruña na Praza de Galicia. Quinta parte dunha oitava parte indivisa da núa propiedade.

-Predio rexistral número 72.795. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña, libro 1.209, folio 73. Núa propiedade.

-Predio rexistral número 72.787. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña, libro 1.209, folio 71. Núa propiedade.

Facendo extensivo o presente edicto para a notificación de poxas ó demandado, no caso de ser dilixencia negativa a notificación personal, e para que sirva de publicación no Boletín Oficial del Estado, no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma de Madrid e no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado expido o presente edicto.

Madrid, sete de maio de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3204