Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.896

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS INDUSTRIAIS DE GALICIA

ANUNCIO.

Acordos da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia adoptados na súa reunión celebrada o pasado día 24 de febreiro de 1996, relativos á publicación no ámbito da Comunidade Autónoma galega, dos acordos adoptados polo Consello Xeral de Colexios de Enxeñeiros Industriais, sobre actualización de coeficientes para o cálculo de honorarios profesionais.

Tendo en conta que o Consello Xeral de Colexios de Enxeñeiros Industriais, na reunión do pleno, celebrada o pasado día 1 de febreiro de 1996, facendo uso da facultade que ten reservada no parágrafo segundo da norma xeral 13ª da parte primeira (proxectos) do Decreto 1998/1961, do 19 de outubro, aprobou a aplicación do coeficiente de actuación Ca=1,44 e a nova táboa de coeficientes reductores, para o cálculo dos honorarios mínimos dos enxeñeiros industriais, a xunta de goberno do Colexio Oficial de Enxeñeiros

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

Industriais de Galicia, na súa reunión do pasado día 24 de febreiro de 1996, entre outros os seguintes,

ACORDOS:

«Publicar no DOG para xeral coñecemento e aplicación no ámbito da Comunidade Autónoma galega os acordos polo Consello Xeral de Colexios de Enxeñeiros Industriais na súa reunión do día 1 de febreiro de 1996, por virtude dos cales foi revisado o coeficiente de actualización a que fai referencia a norma xeral 13ª da parte primeira (proxectos) do Decreto 1998/19861, do 19 de outubro, para quedar establecido en Ca=1,44, co que os honorarios mínimos correspondentes á redacción dun proxecto serán de 28.800 pesetas, e deuse nova redacción á táboa de coeficientes reductores da norma xeral 19ª, que pasou a quedar redactada da seguinte maneira:

Valor en pesetas do orzamentoCoeficiente

Ata7.200.000AtaC=1
Exceso de7.200.000Ata14.400.000C=0,9
Exceso de14.400.000Ata21.600.000C=0,8
Exceso de21.600.000Ata28.800.000C=0,7
Exceso de28.800.000Ata36.000.000C=0,65
Exceso de36.000.000Ata72.000.000C=0,60
Exceso de72.000.000Ata108.000.000C=0,55
Exceso de108.000.000Ata144.000.000C=0,50
Exceso de144.000.000Ata216.000.000C=0,45
Exceso de216.000.000Ata288.000.000C=0,40
Exceso de288.000.000Ata432.000.000C=0,35
Exceso de432.000.000Ata576.000.000C=0,30
Exceso de576.000.000Ata720.000.000C=0,25
Exceso de720.000.000Ata1.440.000.000C=0,20
Exceso de1.440.000.000Ata2.880.000.000C=0,15
Exceso de2.880.000.000Ata5.760.000.000C=0,10
Exceso de5.760.000.000C=0,05

Os anteriores acordos entrarán en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Visto e prace

Ángel Monteoliva Ramos

Decano

Gerardo Rodríguez Fernández

Secretario