Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de abril 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/75-2. Libro de rexistro: 4.546 A.T.).

Os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. en Carballo e Lebesende.

Situación: Antas de Ulla.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 5.414 m, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Carballo e Lebesende, no concello de Antas de Ulla.

Orzamento: 12.905.391 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 30 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4273