Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de abril 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/76-2. Libro de rexistro: 4.547 A.T.).

Os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Madredauga, Corveixe e Vilaravides.

Situación: O Saviñao.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 1.325 m, sobre apoios de formgión. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoios de formigón en Corveixe e Vilaravides. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, cunha lonxitude de 900 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Madredauga, Corveixe e Vilaravides, no concello do Saviñao.

Orzamento: 9.096.388 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 30 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4271