Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.884

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 95/026 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Reald ecreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidadee e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidadees os vocales correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 95/026, convocada por resolución rectoral do 24 de abril de 1995 (BOE do 4 de maio), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun pazo non superior a catro meses, contado a partir da

publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade e no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 27 de maio de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidadee da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: filosofía do dereito, moral e política.

Praza nº: 95/026.

Comisión titular:

-Presidente: Robles Morchón, Gregorio. Catedrático de universidade. Universidade de Baleares.

-Secretaria: Ara Pinilla, Ignaico. Catedrática de universidade. Universidade da Laguna.

-Vocais:

Lorca Navarrete, José Francisco. Catedrático de universidade. Universidade de Málaga.

Montoya Sáenz, José. Catedrático de universidade. Universidade de Valencia.

García Amado, Juan Antonio. Catedrático de universidade. Universidade de León.

Comisión suplente:

-Presidente: García San Miguel, Luis. Catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

-Secretaria: Puig Pelat Marti, Francesca. Catedrática de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

-Vocais:

Montoro Ballesteros, Manuel Alberto. Catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Badillo O, Farrel, Pablo José. Catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Carpintero Benitez, Francisco. Catedrático de universidade. Universidade de Cádiz.

4327