Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.883

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/012 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de mazo), que modifica o artigo 39.3º da Lei 11/1983, de reforma universitaria, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que xulgarán os concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a tenor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que xulgará o concurso de mérito convocado por Resolución do 1 de febreiro de 1996 (BOE do 4 de marzo).

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 24 de maio de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade de Vigo

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: química analítica.

Praza número: 96/012.

Comisión titular:

Presidente: Rodríguez Vázquez, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Secretaria: Muniategui Lorenzo, Soledad, profesora titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Prada Rodríguez, Darío, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Fernández Gómez, Esperanza, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Bollaín Rodríguez, Herminia, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Comisión suplente:

Presidente: Cela Torrijos, Rafael, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: López Mahía, Purificación, profesora titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Bermejo Barrera, Mª Pilar, catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Lorenzo Ferreira, Rosa A., profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Mejuto Martí, Mª Carmen, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

4290